Retrato de Sofía Casanova

I XERACIÓN

  • Vicente Pérez Losada. Tivo por fillo a:

II XERACIÓN

  • Vicente Pérez Eguia
    Casou con Rosa Casanova Estomper. Filla de Juan Bautista Casanova Pla Cancela Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • Sofía Casanova Eguia Estomper. Nada na cidade da Coruña, nun domicilio da rúa San Andres, o 30 de setembro de 1861. Faleceu en Poznan (Polonia) o 19 de xaneiro de 1958. Escritora. Membro correspondente da Real Academia Galega.
    Casou en Madrid o 19 de marzo de 1887 con Wincenty Lutoslawski. Nado en Drozdowo(Polonia) en 1863 e falecido en Cracovia (Polonia) o 29 de decembro de 1955. Escritor.
    Tiveron por fillas a:

IV XERACIÓN

  • N. Lutoslawski Casanova. Nada en Tartu (Estonia).
  • María Lutoslawski Casanova “Mañita”. Nada en Moscú (Rusia).
    Casou con Mieczyslaw Niklewicz, periodista. Tiveron por fillos a V 1 a 5.
  • Isabel Lutoslawski Casanova “Bela”. Nada en Kazán (Tartaria rusa).
    Casou co xeneral do exército polaco Wolikowski.
  • Hala Lutoslawski Casanova “Meracha”. Nada na vila de Oleiros (A Coruña).
    Casou do doutor Meissner. Tiveron cinco fillos entre eles V 6.

V XERACIÓN

  1. Cristina Niklewicz Lutoslawski. Lector de español na Universidade de Varsovia.
  2. Andrés Niklewicz Lutoslawski.
  3. María Niklewicz Lutoslawski “Nena”. Superiora xeral das Irmás da Visitación en Polonia
  4. Ricardo Niklewicz Lutoslawski.
  5. Conrado Niklewicz Lutoslawski.
  6. Karul Meissner Lutoslawski. Nado en 1927.

Fonte