Ulpiano Iglesias
Casou con Manuela Puga. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
Julio Iglesias Puga. Nado en Ourense o 26 de xullo de 1916 e finado en Madrid o 29 de decembro de 2005. Xinecólogo.
Casou en primerias nupcias en 1943 con Rosario de la Cueva y Perignan. Falecida en Miami o 14 de marzo de 2002. Filla do xornalista andaluz José de la Cueva e de Dolores de Perignat Orejuela de Camporredondo, da que tivo a III 1-2.
Casou en segundas nupcias no ano 2001 nunha cerimonia civil celebrada en Florida con Ronna Keith da que tivo a III 3-4.
III XERACIÓN
Julio José Iglesias de la Cueva. Nado na cidade de Madrid o 23 de setembro de 1943.
Casou en Toledo o 20 de xaneiro de 1971 con María Isabel Preysler Arrastía. Nada en Manila (Filipinas) o 18 de febreiro de 1951. Filla de Carlos Preysler e de Beatriz Arrastía. Separáronse en 1975. Tiveron por fillos a IV 1-3.
Da súa unión posterior con Miranda Johanna Maria Rijnsburger, nada o 5 de outubro de 1965 en Leimuiden (Holanda), tivo como fillos a IV 4-7. Modelo.
Carlos Iglesias de la Cueva. Médico.
Casou con Mamen López Quesada. Tiveron por fillos a IV 8-10.
Jaime Iglesias Keith. Nado o 18 de maio de 2004.
Ruth Iglesias Keith. Filla póstuma, nada o 26 de xullo de 2006 no Hospital Baptista Jacksonville (Florida).
IV XERACIÓN
María Isabel Iglesias Preysler. Nada en Madrid o 1 de agosto de 1971.
Casou o 11 de setembro de 1993 con Ricardo Bofill. Nado en Barcelona en 1965. Fillo do arquitecto Ricardo Bofill Levi. Posteriormente se divorciaron
Julio José Iglesias Preysler. Nado en Madrid o 25 de febreiro de 1973.
Enrique Miguel Iglesias Preysler. Nado en Madrid o 8 de maio de 1975.
Miguel Alejandro Iglesias Rijnsburger. Nado en Miami (Florida Estados Unidos) o 7 de setembro de 1997.
Rodrigo Iglesias Rijnsburger. Nado en Miami o 3 de abril de 1999.
Cristina Iglesias Rijnsburger. Nada en Miami o 1 de maio de 2001.
Victoria Iglesias Rijnsburger. Nada en Miami o 1 de maio de 2001, xemelga da anterior.