Darío Fraga Bello. Faleceu afogado no porto de Manatí os 21 anos.
David Fraga Bello
Manuel Fraga Bello. Natural da parroquia de Rioaveso no concello de Vilalba (Lugo). O seu pai era carpinteiro. Alcalde de Vilalba. Emigrou a Manatí (Cuba). Tiña un quiosco as portas da central azucreira na que traballaba as ordes do seu administrador o marqués de San Miguel de Aguayo a súa dona:
María Iribarne. De orixe vasco – francesa.
Tiveron doce fillos, entre eles os seguintes:
II XERACIÓN
Elisa Fraga Iribarne
Casou con Carlos Robles Piquer. Senador. Nado en Madrid o 13 de outubro de 1925.
Son pais de sete fillos, entre eles III 1-4.
Rosario Fraga Iribarne
Casada con Pedro Puy Muñoz. Catedrático. Tiveron por fillos a III 5 - 9.
Manuel Fraga Iribarne. Nado en Vilalba, no nº 19 da rúa da Pravia, o 23 de novembro de 1922. Ministro de Información e Turismo durante o periodo franquista. Ponente da Constitución. Presidente da Xunta de Galicia entre os anos 1990 e 2005.
Casou con María del Carmen Estévez Eguiaragay. Finada o 23 de febreiro de 1996. Tiveron por fillos a III 10 -14.
III XERACIÓN
José María Robles Fraga. Nado o 10 de abril de 1956 en Bogotá (Colombia). Ex secretario de relacións internacionais do Partido Popular. Actualmente ocupa cargos nas embaixadas de Rusia, Xeorxia e Uzbekistán. Casado. Dous fillos.
Elisa Robles Fraga. Vicepresidenta da Comisión do Mercado das Telecomunicacións.
Ana Robles Fraga.
Carlos Robles Fraga. Embaixador en Malabo
Pedro Puy Fraga. Casado en segundas nupcias con Amparo Barreales Cardín.
María Puy Fraga. Casada con Xosé Luis Rodríguez Pedreira.
Andrés Puy Fraga.
Teresa Puy Fraga. Pintora.
Gala Puy Fraga. Casada con Carlos Freire. Director médico do Balneario de Mondariz.
María del Carmen Fraga Estévez. Nada en León o 19 de outubro de 1948. Eurodeputada e vicepresidenta do Partido Popular Europeu.