Carlos Roberto Baute Jiménez (Carlos Baute) naceu en Caracas (Venezuela) o 8 de marzo de 1974, fillo de Alfonso Baute, natural de Tenerife, e de Clara Jiménez. A ascendencia galega de Carlos Baute provén da súa nai, neta duns emigrantes galegos que marcharon a Cuba. A filla destes galegos fincaría en Venezuela, e a súa neta, Clara, terá dous fillos, Susana e Carlos Roberto. Sinalar ao respecto de Susana que está casada con Roberto Cordero e que son pais de dous fillos, Gabriela e Roberto Cordero Baute.
A outra irmá de Carlos Baute, Fabiola, non tén antecedentes galegos, xa que é produto da unión de Alfonso Baute coa súa segunda muller, Roxelin, coa que casou tras divorciarse de Clara Jiménez.

FONTES
  • http://www.mujeractual.com/entrevistas/baute/index2.html
  • http://www.carlosbautespain.com/biografia/datospersonales/menu.html