Santos Gallastegui
Casou con Catalina Barrenechea. Naturais de Soraluze - Plazenzia de las Armas (Guipuzcoa). Foron pais de:
II XERACIÓN
Ambrosio de Gallastegui Barrenechea. Natural de Elgeta (Gipuzkoa).
Casou con Marina de Aranguren. Natural de Bergara. Filla de José Joaquín Aranguren, de Bergara, e Francisca Unzueta, de Oñati. Foron pais de:
III XERACIÓN
Santos Miguel Francisco Gallastegui de Aranguren. Natural de Bergara.
Casou con Eugenia de Unamuno e Zuloeta. Natural de Bergara. Filla de Pedro Miguel Unamuno Altuna, carpinteiro, natural de Bergara (fillo de Ignacio Unamuno e Trinidad Altuna) e Martina de Zuloeta Larrañaga, natural do barrio de Anguiozar, Elgeta (filla de Isidro Zuloeta e Francisca Larrañaga, de Oñati).
Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
Ángel Cruz Gallastegui Unamuno. Nado no rúa Barrenkale, nº 22 de Bergara (Guipuzcoa) o 3 de maio de 1891. Falecio na súa residencia do pazo de Salcedo (Pontevedra) o 7 de xuño de 1960. Afamado veterinario. Artífice da Misión Biolóxica de Galicia, con sé no Pazo de Gandarón de Salcedo.
Casou o 3 de maio de 1924 en Santiago de Compostela con Elisa Fraiz e Tafall, descendente dunha importante liñaxe de impresores santiagueses. Tiveron por fillos a: