Pedro Calvo Camina. Nado en Meneses de Campos (Palencia) o 7 de xuño de 1855. Exerceu a avogacía en Peñaranda de Bracamonte, xuiz destinado en Bilbao, Huelma (Jaén) e Castropol (Asturias). En 1889 toma posesión do xulgado de Lucena (Córdoba). Fillo predilecto do seu pobo natal.
Casou o 29 de xaneiro de 1887 con Elisa Sotelo Lafuente. Natural de Ribadeo (Lugo). Tiveron tres fillos:
II XERACIÓN
José Calvo Sotelo. Nado en Tui (Pontevedra) o 6 de maio de 1893. Asasinado en Madrid o 13 de xullo de 1936. Avogado do Estado. Ministro de Facenda con Alfonso XIII e durante a dictadura de Primo de Rivera.
Casou en Toledo o 28 de xuño de 1918 con Enriqueta Grondona.
Tiveron por fillos a III 1 a 3.
Leopoldo Calvo Sotelo. Nado en Tui en 1894. Finado en Ribadeo (Lugo) en 1933. Letrado do Consello do Estado. Novelista.
Casou en 1923 con Mercedes Bustelo García. Filla de Ramón Bustelo González, deputado a cortes e Senador. Tiveron por fillos a III 4 a 8.
Joaquín Calvo Sotelo. Nado en A Coruña o 5 de marzo de 1905. Falecido o 7 de abril de 1993. Avogado do Estado. Académico. Escritor.
Casou con Giuliana Arioli. Tiveron por fillos a III 9 e 10.
III XERACIÓN
José Pedro Emilio Guillermo Calvo–Sotelo Grondona. Duque de Calvo Sotelo. Xa falecido.
Casou con Jacqueline Olry de Labry e Fontenilliat. Tiveron por fillo a IV 1.
María de la Concepción Calvo – Sotelo Grondona.
Enriqueta Calvo – Sotelo Grondona. Tivo por fillos a IV 2 e 3.
Leopoldo Ramón Pedro Calvo-Sotelo Bustelo. Nado en Madrid o 14 de abril de 1926. Falecido en Pozuelo de Alarcon (Madrid) o 3 de maio de 2008. Marqués da Ría de Ribadeo. Enxeñeiro de Camiños. Presidente do Goberno entre o 23 de febreiro de 1981 e decembro de 1982.
Casou con Pilar Ibáñez-Martín Mellado. Filla de José Ibáñez Martín e María de los Ángeles Mellado e Pérez de Meca, condesa de Marín. Tiveron por fillos a IV 4 a 8.
María Luz Carlota Calvo-Sotelo Bustelo
Casou con Fernando Morán López. Nado en Avilés (Asturias) o 25 de marzo de 1926. Licenciado en Dereito. Diplomático. Senador. Deputado a Cortes. Ministro de Asuntos Exteriores do 3 de decembro de 1982 o 5 de xullo de 1985. Tiveron por fillos a IV 9 a 11.
María de las Mercedes Elisa Rosario Calvo-Sotelo Bustelo
Casou con Jorge Ignacio Cabrera Sánchez. Fillo do científico Blas Cabrera Felipe e María Sánchez Real. Tiveron por fillos a IV 12 – 13.
Ana María del Pilar Calvo-Sotelo Bustelo
Casou con Rafael del Pino e Moreno. Nado en Madrid o 20 de novembro de 1920. Fillo de Fernando del Pino e María Moreno Gutiérrez de Terán. Creador e presidente de Ferrovial. Tiveron por fillos a IV 14 a 18.
María Rosa Enriqueta Calvo – Sotelo Bustelo
Joaquin Alberto Pedro Calvo Sotelo Arioli
Casou con María Jessen Pastor.
Alejandro Pedro Calvo Sotelo Arioli
IV XERACIÓN
José Calvo Sotelo Olry de Labry. Duque de Calvo Sotelo.
Andres Campos Calvo – Sotelo
José Campos Calvo – Sotelo
Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín. Subsecretario do Ministerio de Interior durante a primeira lexislatura de José María Aznar.
Víctor Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín. Director Xeneral de Correos e Telégrafos.
Juan Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín. Químico. Alcalde de Castropol.
Pilar Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín. Presidenta do Consello Social da Fundación Leucemia e Linfoma.
Casou cun fillo de Antonio García Bellido, "Príncipe de Asturias" de Investigación Científica e Técnica.
Andrés Calvo – Sotelo Ibáñez Martín. Conselleiro delegado de Desenrolo Económico, Emprego e Novas Tecnoloxías no municipio de Pozuelo de Alarcón (Madrid).
María Luz Morán Calvo-Sotelo. Catedrática de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.
Fernando Morán Calvo-Sotelo. Embaixador de España na República de Gambia.
Clara Morán Calvo-Sotelo. Tradutora.
José Ignacio Cabrera Calvo-Sotelo. Casou con Margarita Orejas, avogada e financiera asturiana.
Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo. Nada en Madrid o 3 de decembro de 1951. Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Complutense de Madrid. Ministra de Educación e Ciencia dende o 10 de abril de 2006 o 7 de abril de 2009.
Casou en primeiras nupcias con Alfredo Deaño Gamallo. Nado en de Ribadeo (Lugo) en 1944. Falecido en Madrid en 1978. Sobriño do pintor Dionisio Gamallo Fierros. Profesor da Universidade Complutense de Madrid. Renovador dos estudios de Lóxica en España. Tiveron por fillo a V1.
Casou en segundas nupcias con Carlos Arenillas Lorente. Nado en Madrid o 15 de setembro de 1956. Economista. Curmán dos Gómez de la Serna. Vicepresidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores. Tiveron unha filla, V2.
Rafael del Pino Calvo-Sotelo. Presidente de Ferrovial.
Casou en primeiras nupcias. Tivo tres fillas.
Casou en segundas nupcias en Chinchón (Madrid) o 10 de xuño de 2006 con Astrid Gil Casares. Filla de Santiago Gil – Casares Armada e Astrid Marie Marlier, francesa.
María del Pino Calvo-Sotelo. Presidente de Ferrovial.
Joaquín del Pino Calvo-Sotelo.
Lepoldo del Pino Calvo-Sotelo.
Fernando del Pino Calvo-Sotelo.
V XERACIÓN
Alfredo Deaño Cabrera. Mestre de Matemáticas na Universidade Carlos III de Madrid. Músico.
Zita Inés Arenillas Cabrera.
Outros membros da familia
Luis Joaquín Calvo Sotelo Rodríguez Acosta
Laura Pilar Manuela Elisa Calvo Sotelo Rodríguez Acosta