I XERACIÓN
- N. Quintana. Emigrou a Cuba a principios do século XX. Foi propietario dunha plantación de cana de zucre. Regresou a Galicia e viviu primeiro en Vigo e logo en Allariz. Alcalde de Allariz antes da proclamación da II República.
Casou con N. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Ángel Ramón Quintana. Natural de Camagüey (Cuba).
Casou con Rosario González. Filla dun alcalde de Allariz durante a II República. Tivo un irmán en Cuba que exerceu como encargado da célula en España do Partido Comunista.
Ambos estudiaron Maxisterio pero o casar ambos se decataron polo comercio e se estableceron na cidade de Vigo.
Tiveron cinco fillos tres homes e unha muller entre eles a:
III XERACIÓN
- Anxo Manuel Quintana González. Nado na vila de Allariz (Ourense) o 25 de febreiro de 1959. Diplomado en Enfermería. Alcalde de Allariz de 1991 a 2000. Senador. Vicepresidente da Xunta de Galicia de 2005 a 2009.
Casou en primeiras nupcias con Teresa. Actualmente están divorciados.
A súa actual compañeira sentimental e Cristina Cid Fernández. Concelleira de Allariz. Tiveron dous fillos xemelgos:
IV XERACIÓN
- Xabier Quintana Cid. Nado o 16 de febreiro de 2006.
- Lía Quintana Cid. Nada o 16 de febreiro de 2006.
Luiz Paulo Conde. Primo de Anxo. Nado en Rio de Xaneiro (Brasil) en 1934. Arquitecto. Alcalde de Río de Xaneiro. Vicegobernador de Río de Xaneiro.
FONTES
- http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3832656&lnk=PEREZ,TOURINHO,MADRE
- http://www.vieiros.com/entrevista/bioquintana.html
- http://www.quin2005.com
- http://www.elmundo.es/especiales/2005/06/espana/elecciones_galicia/candidatos/cand_quintana.html
- http://www.elmundo.es/suplementos/magazine/2006/332/1138994255.html
- http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=48123
- http://pt.wikipedia.org/wiki/Luiz_Paulo_Conde
- http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2005/elecciones_gallegas05/noticia.jsp?TEXTO=3856689&CAT=39171