ENRIQUE LÍSTER FORJÁN

Republicano galego. Durante a Guerra Civil Española mandou a “Brigada Lister” a máis temida polo exército sublevado. Xeneral soviético na Segunda Guerra Mundial. Membro da cúpula do goberno da URSS ata a crise de 1968

I XERACIÓN

  • Manuel Liste Piso. Tivo seis fillos, e entre eles a:

II XERACIÓN

  1. Constante Liste Forján. Nado na parroquia de Calo concello de Teo (A Coruña) o 30 de xaneiro do ano 1900. Asasinado en outubro de 1936. Presidente e cofundador da socidade de Oficios Varios de Teo. Membro da Fronte Popular durante a Segunda República. Foi tenente de alcalde de Teo (A Coruña) ata o estoupido da Guerra Civil, cando foi paseado e asasinado.
  2. Jesús Enrique Liste Forján (máis coñecido como Enrique Líster). Nado no lugar de Ameneiro parroquia de Calo o 21 de abril de 1907. Falecido en Madrid o 8 de decembro de 1995. Unha das meirandes figuras do republicanismo internacional. Coordenador da primeira brigada mixta do exército popular español e responsable da undécima división do exército ruso na Guerra Civil. Xeneral do exército ruso durante a Segunda Guerra Mundial. Membro da Nomenklatura comunista e da cúpula do Partido Comunista da URSS ata 1968. Casou con Carmen López Serrano. Tiveron tres fillos: III.
  3. Faustino Liste Forján. Nado na parroquia de Calo o 18 marzo 1911. (Moitos autores confúndeno co seu irmán Jesús Enrique). Presidente do Sindicato de Oficios varios de Teo. Tralo estoupido da Guerra Civil foi paseado e asasinado canda o seu irmán Constante.
  4. Aurora Liste Forján. Leiteira

III XERACIÓN

  1. Enrique Líster López. Nado en Moscova en 1941. Ao igual que os seus irmáns, na actualidade reside e traballa en París (Francia).
  2. Carmen Líster López
  3. N Líster López

FONTES

  • http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=1965107&lnk=LISTER
  • http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=755630&lnk=LISTER
  • http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=2880708&lnk=LISTER
  • www.elmundo.es/papel/hemeroteca/1994/12/09/nacional/17867.html
  • www.boe.es/boe/dias/1999/12/24/pdfs/B17096-17126.pdf