I XERACIÓN
- Carmen Otero Iglesias A Cordeira. Natural de Valga (Pontevedra). Tivo dous fillos naturais (1):
II XERACIÓN
- Agustina Otero Iglesias (cambiaría o seu nome de pía polo de Carolina Otero, La Bella Otero). Nada en Ponte Valga (Pontevedra) o 19 de decembro de 1868 (segundo outros autores o 4 de novembro do mesmo ano) e finada en Niza (Francia) o 14 de abril de 1965. Afamada bailarina, estrela do salón Folies Bergère (París) e amante de numerosos persoeiros da súa época: Eduardo VII de Inglaterra, o Zar Nicolás II das Rusias, Gabriele d'Annunzio, Leopoldo II de Bélxica, Alfonso XIII de España, Aristide Briand, ou Cornelius Vanderbilt.
- Adolfo Otero Iglesias. Pai ou avó de III
III XERACIÓN
- Helena Otero Bodaño
- Juan Manuel Otero Bodaño
(1) Ao respecto de quen puido ser o pai de Agustina Otero, existen varias teorías: segundo Xesús Ferro Couselo, trataríase do curmán da súa avoa, un varón da familia dos Riberas, os potestados de Ponte Valga a finais do S. XIX; segundo Borobó, non sería outro que Francisco Barreiros Magariños. Recentemente, Xavier Costa Clavell ofreceu unha terceira posibilidade, facendo de Venancio Ramos, o Canainas, o pai da Bela Otero como resultado dunha violación.
FONTES
- POSADAS, Carmen (2001): [i]La Bella Otero[/i]. Ed. Planeta, Barcelona
- http://gl.wikipedia.org/wiki/A_Bela_Otero
- http://es.wikipedia.org/wiki/La_Bella_Otero
- http://209.85.135.104/search?q=cache:5VB22LLiR2QJ:www.galicia-hoxe.com/index.php%3Foption%3Dcom_content%26task%3Dview%26id%3D15987+%22Carmen+Otero+Iglesias%22&hl=es&gl=es&ct=clnk&cd=1