I XERACIÓN

  • Herminio Casares
    Casou con Francisca Dacal. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Francisco Casares Dacal
    Casou con Manuela Mouriño, irmá de Faustino Mouriño (crego en Allariz) e de José Mouriño (abade de Beiro). Criáronse os irmáns co seu tío, Faustino Pérez-Congid, deán da catedral de Ourense.
    Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Mercedes Casares Mouriño
  2. Carlos Casares Mouriño. Nado no Xinzo de Limia (Ourense) o 24 de agosto de 1941. Falecido na cidade de Vigo, no hospital Meixueiro, o 9 de marzo de 2002. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Xornalista, columnista de La Voz de Galicia. Director da Editorial Galaxia entre 1985 e 2002. Presidente do Consello da Cultura Galega entre os anos 1996 e 2002.
    Casou en 1971 con Kristina Berg. Nada en Halmstad (Suecia) en 1948. Escritora. Presidenta da Fundación Carlos Casares.
    Tiveron por fillos a IV
  3. Francisco Javier Casares Mouriño. Pediatra. Ex Director médico do Hospital Cristal Piñor, de Ourense. Concelleiro de Sanidade en Ourense entre 1991 e 1995. Deputado autonómico polo PSG.

IV XERACIÓN

  1. Hakan Olof Roi Casares Berg
  2. Lars Christian Casares Berg. Xornalista.
  3. .

FONTES

  • LOUREIRO, Ramón (2003): Carlos Casares. A Nosa Terra, Fundación Carlos Casares, Vigo.
  • http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares_(escritor)
  • http://gl.wikipedia.org/wiki/Kristina_Berg
  • http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CarCasar&alias=Carlos+Casares
  • http://www.consellodacultura.org/corpor/index_historia.htm
  • http://www.lavozdegalicia.es/especiales/elecciones_gallegas/diputados/ourense_psoe/psoeo.htm
  • http://www.elpais.es/articulo/cultura/Fallece/infarto/anos/escritor/gallego/Carlos/Casares/elpepupor/20020309elpepucul_1/Tes/