I XERACIÓN

  • Camilo Rodríguez López, labrego. Nado na parroquia de A Pena concello de Cenlle (Ourense) o 11 de decembro de 1837.
    Coa tecelá Agustina González González, da parroquia de San Clodio concello de Leiro (Ourense). Tivo por fillo a:

II XERACIÓN

  • Eladio Rodríguez González. Nado no lugar de Ponte parroquia de San Clodio concello de Leiro o 24 de xullo de 1864. Falecido na cidade de A Coruña, no nº 170 4º da rúa Santo André, o 14 de abril de 1949, foi soterrado no cemiterio de San Amaro desta cidade. Xornalista e poeta. Membro numerario e Fundador da Real Academia Galega, institución que chegou a presidir. Participou na comisión do Estatuto de Autonomía de Galicia durante a Segunda República.
    Casou o 28 de marzo de 1891 con Josefa Benigna Evarista Yordi Visier . Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. N. Rodríguez Yordi. Falecido na infancia.
  2. Eladio Rodríguez Yordi
  3. Adela Rodríguez Yordi
  4. Julio Rodríguez Yordi
  5. Arturo Rodríguez Yordi
  6. María Rodríguez Yordi
  7. Mercedes Rodríguez Yordi. Solteira

IV XERACIÓN

  1. Eladio Rodríguez Rodríguez
  2. Arturo Rodríguez Hervada

FONTES

  • http://centros.edu.xunta.es/iesdemelide/Intres/eladio.htm
  • http://www.galespa.com.ar/eladio.htm
  • http://busc.usc.es/A_Biblioteca/Actividades/letrasga01/letras01_1.htm
  • http://www.diadasletrasgalegas.com/2001/cronoloxia.php