José Laurentino Lorenzo Álvarez. Natural de Ourense. Falecido o 25 de novembro de 1923. Avogado, xornalista e debuxante. Fundador da revista “Café con gotas”.
Casou con Joaquina Fernández Barcia. Natural de Vigo. Falecida en 1964 Tiveron por fillos a:
II XERACIÓN
Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández “Xocas”. Nado na cidade de Ourense, no nº 30 da rúa da Paz, o 23 de xuño de 1907. Falecido no lugar de Facós parroquia de Lobeira concello de Lobeira (Ourense) o 18 de xullo de 1989 sendo soterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense. Solteiro. Etnógrafo e historiador.
Jorge Lorenzo Fernández. Nado en Ourense en 1910. Falecido o 3 de abril de 1934.