Retrato de Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao
Castelao

Hai máis de dez anos, , o noso compañeiro Milleiro publicou neste sitio un texto con datos xenealóxicos de Castelao. Pouco tempo atrás, o , Breo-jan enviou varias mensaxes ao foro, ampliando notablemente a devandita información.

Neste escrito propuxémonos reunir os datos de ambos os dous autores. Respectamos, na medida do posible, a redacción orixinal.

Para un mellor ordenamento dividimos esta xenealoxía en catro liñas, correspondentes aos catro avós de Castelao.

Os Rodríguez

I Xeración

  • Francisco Rodríguez e María Domínguez. Tiveron por fillo a II.

II Xeración

  • Bernardo Rodríguez casado en Rianxo a con María Ignacia Parada, filla de Vicente Parada e Eulalia Costas. Tiveron por fillo a III.

III Xeración

  • Luis Rodríguez, casado con Ana María García.

    Ana María García, filla de Joseph García e de María Andrea Querentes Caamaño, casados estes en Rianxo a , e neta paterna de Sebastián García e Columba Ordóñez, e materna de Ignacio Querentes e Juana de Ínsua Caamaño.

    Foron Luis e Ana María pais de IV.

IV Xeración

  • Manuel Rodríguez, casado con Bentura de Dios, pais de V.

V Xeración

  • Mariano Rodríguez Dios, mariñeiro e despois alcalde de Rianxo. Casou con Joaquina Castelao Gemme1 pais de VI.

VI Xeración

  1. Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Nado na vila de Rianxo o . Bautizado na igrexa de Santa Comba. Falecido o na cidade de Bos Aires (Arxentina). Médico. A meirande figura da intelectualidade e da cultura galega do século XX. Casou na igrexa de San Paio de A Estrada o con Virginia Pereira Renda “Choliña”. Foron país de VII.
  2. Josefina Rodríguez Castelao. Nada en e falecida .
  3. Teresa Rodríguez Castelao. Nada en Buenos Aires en e falecida na vila de Rianxo o .

VII Xeración

  1. Alfonso Jesús Rodríguez-Castelao Pereira. Nado o e finado no ano .
Voda de Virxinia e Castelao
Voda de Virxinia e Castelao

Os Castelao

I Xeración

  • Jacobo Castelao e María Liñares, veciños de Trobes. Pais de II.

II Xeración

  • Ramón Castelao, casado con Antonia Balado. Pais de III.

III Xeración

  • Francisco (Gregorio) Castelao, bautizado en Trobe el , casado con María Rosa Vidal.

    María Rosa Vidal, irmá de Manuel María Vidal bautizado en Rianxo en 1795, e filla do escribán Don Baltasar Vidal e de María Juana da Figueira. Neta paterna de Joseph Vidal e Ángela da Figueira, e materna de Juan Andrés da Figueira Coello e María Rosa Rodríguez, casados e Rianxo a . E bisneta pola súa nai de Domingo da Figueira Coello e Catalina de Abuín casados a 11 de xuño de 1736 en Rianxo, e de Manuel Rodríguez Collazo e María Rosa Torrado y Sobradelo. Trineta por Domingo da Figueira e Catalina de Abuín, de Francisco da Figueira e de Ángela Coello e de Francisco Rodríguez e Catalina de Abuín.

    Foron Francisco e María Rosa os pais de IV.

IV Xeración

  • José Manuel Castelao, coñecido como “Pepe de Castelao”. Ebanista. Casou con Teresa Gemme2. Tiveron por fillos a V.

V Xeración

  • Joaquina Castelao Gemme casou con Mariano Rodríguez Dios e foron pais de:
    1. Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.
    2. Pilar Castelao Gemme.
    3. Francisco Castelao Gemme.
    4. José Ramón Castelao Gemme.
    5. Manuel Castelao Gemme.
Virxinia e o seu fillo Alfonso Xesús (1914-1928)
Virxinia e o seu fillo Alfonso Xesús (1914-1928)

Os Dios

I Xeración

  • Juan de Dios, casou con Juana Rodríguez. Pais de II.

II Xeración

  • Andrés de Dios, casado a en Rianxo con Francisca Saavedra, filla de José Rodríguez? Carreño? e Apolonia de Reino Saavedra. Pais de III.

III Xeración

  • (Domingo) Benito de Dios, casado en Rianxo a con Antonia González, filla de Domingo Rodríguez e María González Justo, casados en Rianxo a .

    Antonia González, neta paterna de Francisco Rodríguez e de Benita Romero, do lugar da Fincheira, en Rianxo. E materna de Francisco González e Catalina Justo.

    Benito e Antonia foron pais de IV.

IV Xeración

  • Joseph de Dios, casado con Josefa da Costa, filla de Ignacio da Costa e Ana Ordóñez. Pais de V.

V Xeración

  • Joseph de Dios, casado con María Josepha da Figueira, filla de Silvestre da Figueira e Micaela da Figueira. Pais de VI.

VI Xeración

  • Bentura de Dios, muller de Manuel Rodríguez e avós de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Os Gemme

I Xeración

  • Juan (Giovani) Gemme e María Bura, veciños de Gavi, no Piamonte, provincia de Alessandría, que daquela era do ''Reino'' de Xénova**3. Foron pais de II.

II Xeración

  • Baltasar Gemme orixinario de Gavi casou con Joaquina Fuentes filla de Ramón Fuentes e Juana Collazo.

    Respecto da xenealoxía dos Fuentes consígnanse os seguintes datos:

    • Joseph da Fonte (apelido logo castelanizado ''de Fuentes''), mareante, viúvo de Antonia Fernández casou o en Rianxo con María Rariz do Rial, filla de Pedro de Rarís e Ignes do Rial. Foron Joseph e María Rariz pais de:
      • Clemente Fuentes, casado o en Rianxo con Silvestra (Romero y) Pérez, filla de Joseph Somoza e Luisa Pérez y Romero, pais de:
        • Ramón Fuentes, casou con Juana Collazo.

          Juana Collazo foi filla de Tiburcio Collazo e María Benita de Canabal y Caamaño casados en Rianxo o . Neta paterna de Miguel Collazo e de Felipa García Torrado, casados en Rianxo a . E materna de (Andrés) Bonifacio Rodríguez de Canabal e de Francisca Rey y Rodríguez Somoza, casados en Rianxo o . Bisneta de Francisco Collazo e María de Rial, e de Joseph García e María Torrado, e de Joseph Rodríguez de Canabal e Francisca Caamaño, e de Juan Rey e Madalena Rodríguez.

          Foron Ramón Fuentes e Juana Collazo pais alomenos de:

          • José Fuentes Collazo, bautizado en Rianxo a e de Joaquina Fuentes Collazo, casada con Baltasar Gemme.

    Baltasar y Joaquina tiveron por fillos a III.

III Xeración

  • Don Baltasar Gemme Fuentes, bautizado en Rianxo a . Gobernador civil de Pontevedra e de Salamanca.
  • Don Alejandro Gemme Fuentes, gobernador de Ourense no ano .
  • Teresa de Jesús Gemme Fuentes, bautizada a en Rianxo, casada con José Ramón Castelao. Foron os avós maternos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Sarcófago de Castelao no panteón de galegos ilustres no convento de Santo Domingos de Bonaval
Sarcófago de Castelao
  1. Castelao. En castellano familiar. RADICALES LIBRES, 17/05/2006. [http://radikaleslibres.blogspot.com/2006/05/castelao-en-castellano-familiar.html] [volver]
  2. Paz Andrade, Valentín. Castelao, na Luz e na Sombra. Ediciós do Castro, O Castro, Sada, A Coruña, 1982. Según Paz Andrade, citado por Milleiro, o apelido Gemme é de orixe francesa. Pudo ficar engadido ás liñaxes galegas, por unha de duúas: procedencia ou por migración laboral, como a dos galovascos que fundou a indústria de curtidos. [volver]
  3. NOMES ITALIANOS NAS LETRAS DA GALIZA Publicado em Agália, número 41, setembro de 1995, baixo o seudónimo de Giuseppe Guasco di Celle. http://www.aelg.org/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor190/PT_paratext5860.pdf [volver]

Fontes


Pódese ver toda a xenealoxía anterior nunha arbre interactiva en Alfonso Daniel Rodríguez Castelao - Galicianos.org