Pequena introdución á Xenealoxía de Don Ramón Mª del Valle-Inclán

ANTECEDENTES XENEALÓXICOS
Os devanceiros do fidalgo e escritor Don Ramón María del Valle-Inclán hai-nos que atopar nos apelidos Bermúdez (da Torre de Bermudo, Poboa do Caramiñal), Valle (de San Lourenzo de András), Peña (da Illa de Arousa) e Montenegro (de Vigo).
A Casa dos Peña (Castrelos-Cambados) foi construída no século XVIII por Julián Antonio Peña Avalle e a sua muller Maria Josefa Oña Ozores e Andrade.
A capela do pazo da Rúa Nova (Vilanova de Arousa) fora reconstruída antes do século XVIII polo matrimonio formado por Andrés Malvido Padín e Francisca Rico de la Peña, veciños de Portonovo (Sanxenxo). Case nada ficaba da fortaleza de Rúa Nova en András, que combatida e aniquilada no século XV, quedou definitivamente convertida en pazo e que amaiorazgan en 1740, don Miguel Inclán e dona Rosa Malvido. Esta histórica casa pertenceu a Antonia Inclán, casada con Pablo del Valle e Peña, sarxento maior de batallas. O seu fillo foi Francisco del Valle-Inclán.
A orixe histórica do pazo da Rua Nova hai que buscala en Asturias, onde os irmáns Andrés e Gaspar del Valle y Gijón acceden en 1556 a unha carta de fidalguía. Andréstivo un fillo, Juan del Valle, que emparentará con outro apelido asturiano,os Inclán. Do cal descende Don Antonio Inclán, o Menor.

I XERACIÓN

  • Antonio de Inclán.
    Casou con María Ocampo. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Don Antonio Inclán o Menor. Reconstrue o pazo da Rua Nova (Vilanova de Arousa) a comezos do século XVIII.
    Casou con María Gomez de los Santos Santiso. Natural de Boiro (A Coruña). Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Miguel Inclán de los Santos Inocentes Inclán e Gómez. Nado en 1698.
    Casou con Rosa Malvido Rico e de la Rua. Filla de André Malvido de Padín e Francisca Rico de la Rua.
  2. María Antonia Inclán Santos
    Casou con Pablo Valle Peña. Procedente de Cadiz. Estableceu-se na parroquia de Sobrán concello de Vilagarcía de Arousa. Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN

  1. Francisco del Valle-Inclán e de los Santos. Nado na parroquia de Sobrán o 29 de febreiro de 1736. Segundo o historiador Teo Cardalda falecido o 31 de outubro de 1804.
  2. José Antonio del Valle-Inclán.
    Casou con Juana Malvido. Sobriña da súa tía Rosa Malvido, que recibe o pazo da Rua Nova en herdanza. Tiveron por fillos a:

V XERACIÓN

  1. Carlos Luis Valle-Inclán e Malvido. Nado en San Martiño de Sobrán, actualmente Vilaxoán. Foi bautizado o 02 de novembro de 1791, ainda que o historiador Caamaño Bournacell dí que naceu en 1784 en Sobrán.
    Casou con Juana Nepomucena Bermúdez Torrado de Ponte Andrade que pertenceu á Casa da Torre de Bermúdez (Poboa do Caramiñal) e ademáis tiña Casa Solarenga na Coruña e un pazo en Sacos (Pontevedra). Tiveron por fillo a VI 1.
  2. Francisca del Valle e Malvido
    Casou con Joaquín Canabal e Mariño. Faleceu o 26 de marzo de 1882 os 92 anos. Tiveron por fillo a VI 2.

VI XERACIÓN

  1. Ramón del Valle-Inclán Bermúdez. Nado en 1823. Falecido en 1890. Xornalista. Secretario do Goberno Civil de Pontevedra.
    Casou con Dolores Peña Montenegro. Filla de Francisco Peña Cardecid e Josefa Montenegro e Saco de Bolaños Tiveron por fillos a VI.
  2. Jesús Eugenio Canabal del Valle. Bautizado en 6 de setembro de 1816. Licenciado en Dereito. Foi secretario do Concello de Vilanova de Arousa.

VII XERACIÓN

  1. Carlos del Valle-Inclán e de la Peña. Nado en Vilanova de Arousa o 27 de abril de 1865.
    Casou con Catalina Peña Artime. Faleceu en 1933. Non tivo descendencia.

  2. Ramón José Simón Valle-Inclán sendo o seu verdadeiro nome: Ramón Valle Peña ou Ramón del Valle e Montenegro. Nado na Casa do Cuadrante concello de Vilanova de Arousa o 28 de outubro de 1866. Falecido en Pontevedra o 5 de xaneiro 1936. Escritor.
    Casou na cidade de Madrid na igrexa de San Sebastián o 24 de agosto de 1907 con:
  3. Josefina María Angela Blanco e Tegerina. Natural de Madrid. Filla de Pedro Blanco, natural de León, e María Tegerina. Actriz. Tiveron por fillos a VIII.
  4. Maria Valle Peña
  5. Ramona Valle Peña

VIII XERACIÓN

  1. Concepción Valle Blanco. Nada no ano 1910.
  2. Joaquin Valle Blanco. Nado en Cambados en 1915. Morreu ao pouco tempo de nacer a causa dun accidente.
  3. Carlos Luis Baltasar Valle Blanco. Nado na Pobra do Caramiñal (A Coruña) en 1917.
  4. María de la Encarnación Beatriz Baltasara Valle Blanco “Mariquiña”. Nada na casa do Priorato da Mercé sita na Pobra do Caramiñal no 1919. Falecida na Franza no 2003.
  5. Jacobo Baltasar Valle Blanco. Nado en Villa Eugenia A Pobra do Caramiñal o 29 de xaneiro de 1922. Falecido en Barcelona o 18 de outubro de 1985.
  6. Ana Maria Valle Blanco. Nado en Villa Eugenia A Pobra do Caramiñal en 1924.

FONTES
  • Gran Enciclopedia Gallega. Tomo 29.
  • La heroica aventura del hidalgo don Ramón Maria del Valle-Inclan. Revista de Estudios Provinciais, nº7. Deputación de Pontevedra.
  • Historia y vida de la ria de Arousa. Autor: Manuel Fajardo Piñeiro.
  • Museu Cuadrante
  • Xenealoxia de Jesús Canabal
  • http://www.fundacionvalleinclan.org/
  • Esquelas do Faro de Vigo.
  • Cambados y el valle de Salnés. La Heráldica de sus pazos y casas solariegas. Autor: José A. Vázquez Casáis