Neto do Conde da Gomera, Marqués de Ampudia era:
I XERACIÓN
- O castelán e gobernador do castelo de San Antón D. Juan Antonio de (Ayala) Rojas (y Sandobal). Casou con Dª. María Conde Salgado.
II XERACIÓN
Os anteriores tiveron unha filla que casou co 1º Conde de Torre de Penela D. Pedro de Ojea Taboada Ulloa e Enríquez. Tiveron por fillos, a máis do primoxénito que non tivo sucesión, e á 3ª Condesa, a:
III XERACIÓN
- Dª. Catalina Nicolasa de Ojea Ayala e Rojas. Nado en Montemaior en 1693. Capitán de Milicias de Caión, señor do pazo das Cobadas, Torres do Viso, etc...
Casou con D.Francisco Bermúdez de Castro. Tiveron por fillo a IV.1. - Dª. Ángela Antonia de Ojea Rojas y Sandoval.
Casou con D.Benito José Bazán de Mendoza. Nado en Cambados en 1683 e falecido en 1745. Mestre de Campo, Gobernador e Alcaide pº do castelo de Rianxo, cabo do Hábito de Santiago, señor da casa de Bazán,etc... Tiveron por fillos a IV 2 a 6.
IV XERACIÓN
- D.Onofre Bermúdez de Castro y Ojea. Sucesor. Casou con Dª.María Mesía Pardo de Cora, de Moeche, con sucesión (o fillo primoxénito destes naceu no pazo das Cobadas (Sorrizo),en 1759.
- Dª Luisa Bernarda. Nada en 1720.
- Dª. María Jacoba Tomasa. Nada en 1721. Casada con D. Francisco Calderón. Conde de San Juán.
- Dª. Josefa Antonia. Nada en 1722.
- Dª. Ángela Rosa. Nada en 1723.
- D.Pedro Juan Bazán de Mendoza Ojea e Rojas. ( 1726-1788 ). Señor do coto de Vigo, de Cores, da casa dos Bazán en Cambados,etc...
Casou con en segundas nupcias con Dª. María Ignacia de Castro Leira e Gayoso das Seixas. Filla dos señores da casa de Parada (Tabeirós).
Casou en primeiras nupcias con Dª.María Ignacia Rubio de la Vega e Calo, de quen tivera a:
V XERACIÓN
- D.Benito Bazan de Mendoza y Calo. Nado en 1747.
Pedro tivo por fillos do primer matrimonio a:
- María Gaspara. Nada en 1751.
Casou co marqués viuvo de Montesacro D.Antonio Julián de Zárate, con sucesión.
E casou de segundas con D.Melchor Paz Vidal e Valladares. Tenente coronel do Rexemento de Santiago, veciño de Corbillón. - Dª. Ángela Antonia. Casou con D.Joaquín Medrano. Conde de Torrubia.
- D.Pedro Pablo. Nado en 1758. Alumno do mosteiro de San Xoán de Poio e da universidade de Santiago de Compostela de onde foi catedrático. Membro da Real Academia de Dereito Político de Madrid. Asesor do Consello Real. Doctor en Xurisprudencia, etc... Falecido no desterro.
- D.Mauro. Que disfrutara do beneficio de Piñeiro.
- Dª.Luisa. Casou con D.Juan Pardo da Lama, dos que viña Dª.Emilia Pardo Bazán
- Dª. Josefa Casou con D.Humberto Hermida. Cabaleiro Maestrante de Granada, señor de Rosende.
- Dª. María Benita. Nada en 1755. Casou con D.Antonio Pardo da Lama.
Outra neta do Conde da Gomera, Marqués de Ampudia era:
I XERACIÓN
- Dª.Ángela Antonia de Ayala Sandoval e Rojas. Casou con D.Diego Romero de Andrade. Cabaleiro de Santiago, rexedor perpetuo de Santiago, pais de:
II XERACIÓN
- D. Juan de Andrade Ayala Sandoval e Rojas. Casou con.Dª.Teresa Ozores de Silva Sotomayor e Sequeiros. Da familia dos condes de Priegue, pais de:
III XERACIÓN
- Dª.María Ignacia. Casou con D.Felipe Diego Saavedra Cotón e Sarmiento. Señor de Trasmonte, San Martiño e Arxeriz, tendo por filla a:
IV XERACIÓN
- Dª.Catalina. Casou con D.Fernando Eliseo Freire de Andrade Enao Basadre Zúñiga Mendoza e Figueroa. Señor do solar dos Enaos, na cidade de Toro,capitán de Milicias Urbanas da Coruña. Con sucesión.