Juan Flórez, de San Salvador de Quiroga. Casou con María Josefa de Páramos e Arias, do Val de Lemos
.
II XERACIÓN
Ildefonso Flórez del Páramo Losada. Nado na Casa do Castro (Valdeorras) en 1800 e falecido na mesma casa en 1850. Deputado a cortes e senador. Señor da vila do Castro de Valdeorras.
Casou en 1824 con María de los Dolores Quiroga y Puga. Procedía dos Quiroga da casa Grande da Pobra de San Xiao e dos Puga dos Condes de Torre Penela.
.
III XERACIÓN
Alfonso Flórez de Losada y Quiroga. Naceu na casa do Castro en 1835 e falecido en 1923.
Casou en 1862 con Leonor Suárez de Deza e Tineo. Filla de Apolinar Suárez de Deza. Neta por liña paterna de Francisco Javier Suárez de Deza, señor de Láncara (Lugo) e de Mariñán (A Coruña) e Antonia Caamaño Pardo. Irmá do conde de Maceda e filla dos señores de Romelle, Leboráns, Goiáns e Quindimil.
Clotilde Flórez Páramo Quiroga e Puga. Casou co conde de Torre Penela.
Pastoriza Flórez Quiroga.
Casou con Manuel Batanero Montenegro. Nado en Madrid o 9 de maio de 1830. Fillo de Blas Batanero e María Andrea Montenegro, esta de procedencia galega.
Bibliografía: VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003