I XERACIÓN

  • Antonio de Temes. Casou con Francisca Ozores. Naturais da parroquia de Cartelos concello de Carballedo (Lugo). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Mauro de Temes. Natural da parroquia de Cartelos.
    Casou con Catalina Somoza. Natural da parroquia de Remesar concello de Bóveda (Lugo). Filla de Andres Somoza, natural da parroquia de Remesar, e Margarita de Prado, natural da parroquia de Nogueira. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • María Temes. Natural do pazo de Cartelos sito na parroquia de Cartelos e ainda conservado hoxe en día.
    Casou con Benito Losada (para a súa xenealoxía ver Losada Pantón – Lugo). Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Juan Andrés Losada e Temes. Natural da parroquia de San Vicente de Castillón concello de Pantón (Lugo). Colexial de Fonseca 1744.

Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela