Juan de Castro. Casou con María Basanta. Natural da parroquia de Oleiros concello de Vilalba (Lugo).
II XERACIÓN
Pedro Basanta. Natural da parroquia de Oleiros.
Casou con Inés de Vaamonde. Natural da parroquia de Felmil concello de Begonte (Lugo). Filla de Pedro Tenrreiro e Catalina Vaamonde, naturais da parroquia de Felmil.
III XERACIÓN
Antonia Basanta. Natural da parroquia de Oleiros.
Casou con Francisco Verdes Montenegro (para a súa xenealoxía ver Basanta Vilalba Lugo).
IV XERACIÓN
Gregorio Verdes Montenegro. Natural da parroquia de Sistallo concello de Cospeito (Lugo). Colexial de Fonseca 1716.
Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela