Antecedentes

Os Saavedra do Ancado, proveñen da Torre de Taboi, na parroquia de Taboi concello de Outeiro do Rei (Lugo). Temos como primeiro petrucio a:

I XERACIÓN

  • DIEGO SÁNCHEZ DE SAAVEDRA
    Casou con Mariana Alonso de Gayoso. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • BALTASAR DE SAAVEDRA
    Casou con Isabel López. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • GONZALO DE SAAVEDRA
    Casou con Inés Méndez de Gayoso. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • PEDRO BERNARDO DE SAAVEDRA AGUIAR E RIBADENEIRA
    Casou con Inés Fernández. Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  • BERNARDO DE SAAVEDRA AGUIAR
    Casou con María Fernández de Cornide e Bolaño. Tiveron por fillo a:

VI XERACIÓN

  • PEDRO SAAVEDRA AGUIAR
    Casou con Dª Inés Díaz das Penelas (Gayoso) e Aguiar. da casa de Ardiz situada na parroquia de Coea concello de Castro de Rei (Lugo).
    Como Ancado, coñécese en termos xeográficos a unha pequena chaira a beira dunha protuberancia do terreo. En un ancado, sitúase a casa dos Saavedra de Mondriz, na parroquia de Mondriz no concello de Castro de Rei diocese de Mondoñedo. E será no arquivo diocesan de esta se Mindoniense, donde atopamos o expedente de presentación de curato da parroquia de Prevesos concello de Castro de Rei, actuando como beneficiados no ano de 1628 os fillos de Alonso das Penelas, “o Vello” a saber: Rodrigo, Pedro e Inés Díaz das Penelas, (ou Díiaz de Gayoso) todos eles netos de Alonso Díaz das Penelas (ou Gayoso) o Vello. Quen fundou o devandito beneficio como sucesor da casa de Outeiro de Rei.
    Tiveron por fillo a:

VII XERACIÓN

  • PEDRO DE SAAVEDRA E AGUIAR. Fundador do vinculo de casa e torre de Valmonte en Lugo a 17 de xaneiro de 1641 por diante de Xoan Sanxurxo.
    Casou con Dª Aldonza González de Pedrosa e Miranda, descendente da nobre casa de Abres en Asturias. Tiveron por fillo a:

VIII XERACIÓN

  • D. PEDRO DE SAAVEDRA AGUIAR E PEDROSA
    Casou tres veces a primeira con Dª María de Roís da casa de Mondriz tendo por fillo entre outros a:

IX XERACIÓN

  • D. FERNANDO SAAVEDRA E TEIXEIRO. De quen se garda un documento no arquivo de Mondoñedo dotando a construcción dunha hermida ou oratorio baixo a advocación de Nosa Señora do Bon Suceso e do Glorioso San Fernando, tamén culminou a obra de construcción da chamada “Casa Noba” de Mondriz, para distinguila da casa Vella solar dos Rois, que é o chamado pazo de Mondriz.
    Tivo dous fillos que foron:

X XERACIÓN

  1. D. Fernando Saavedra e Teixeiro. Falecido en 1720.
  2. D. ANTONIO SAAVEDRA E TEIXEIRO. Procurador da fidalguía na xurisdicción de Castro de Rei, en tal estado aparece no padrón de Calleita de 1702.
    Casou con Dª María Fernández de Vergara. Tiveron por fillos a:

XI XERACIÓN

  1. D. FERNANDO SAAVEDRA E TEIXEIRO
    Casou con Dª Josefa Manuela de Navia e Lamas. Nada no pazo dos Lamas en San Pedro de Furís concello de Navia de Suarna. Filla de D. Pedro Gómez de Navia e Lamas, e de Dª Eulalia María Navia e Lamas. Deste matrimonio non quedou sucesión, este foi o motivo de que D. Fernando chamou a suceder nos bens vinculares a seu sobriño XII.
  2. D. Francisco Saavedra e Teixeiro. Tenente do exercito na cidade de Santiago de Compostela po-lo ano de 1736.
    Casou con Dª Juana Freire de Andrade da casa de Santa Leocadia. Tiveron por fillo a:

XII XERACIÓN

  • D. FRANCISCO SAAVEDRA E LUACES. Que edificou a casa do Ancado na maneira que a coñecemos hoxe en día, mais fixo un edificio independente (antes era un oratorio no interior da casa) para a capela do Bon Suceso e do Glorioso San Fernando, dotandoa para o culto coa chamada Casa Noba de Mondriz e seus bens anexos.
    Casou con Dª María Antonia Álvarez de Rois e Luaces. Oriunda da casa de Azúmara. Filla de D. Francisco Saavedra Teixeiro e Luaces, da casa de Santa Leocadia, e de Dª Juana Freire de Andrade, da casa de Azumara. Tiveron por fillos a:

XII XERACIÓN

  1. D. Diego Saavedra. Cura.
  2. D. José Saavedra.
  3. Dª María de Rois e Luaces. Casou con D. José de Cancio é Ron.
  4. Dª Manuela Saavedra e Luaces. Casou con D.José Alvarez Losada.
  5. D. FERNANDO SAAVEDRA E LUACES
    Casou con Dª Juana de Noboa e Quiroga. Da Casa Grande de Abol sita na parroquia de San Xoan do Campo concello de Lugo. Filla de D. Jacobo de Noboa e de Dª María de Neira e Quiroga. Esta señora faleceu na parroquia de Piugos concello de Lugo, nunha casa que a familia de Abol tiña no lugar de “Casas Nobas” nesta parroquia a dous quilómetros da cidade, sendo enterrada no convento de Santo Domingo donde os Noboas tiñan enterros.
    Tiveron por fillos a:

XIII XERACIÓN

  1. D. FRANCISCO SAAVEDRA E NOBOA
    Casou con Dª Manuela Lamas Pardo, da casa de San Miguel de Saldanxe sita na parroquia do mesmo nome concello de A Pastoriza (Lugo). Filla de D. José Lamas e de Dª María Pardo Ribadeneira. Tiveron por fillos a XIV.
  2. Dª Manuela Saavedra e Noboa.

XIV XERACIÓN

  1. Dª María Saavedra Lamas. Casou con D.Manuel Sanjurjo da Casa de Sanxurxo de Mondríz.
  2. D. DIEGO SAAVEDRA Y LAMAS
    Casóu con Dª Antonia Castro Sánchez. Tiveron por fillos a:

XV XERACIÓN

  1. D. Isidoro Saavedra. Casou con Dª Dolores Lamas da casa de A Pumarega sita na parroquia do mesmo nome concello de Castroverde (Lugo).
  2. Dª Visitación Saavedra. Casou con D. Policarpo Tella, da casa de Tella en Adai (Corgo).
  3. D. JESÚS SAAVEDRA E CASTRO. Herdeiro da casa de Mondriz, xuntamente con a situada na vila de Castro de Rei.
    Casou con Dª Francisca de Rois e Bernal. Tiveron por fillos a XVI.
  4. D. Costantino Saavedra, quen herdara a casa do Couto de A.
  5. Dª Estrela Saavedra. Casou con D. José Lourido Vega de Xudan.
  6. Dª Francisca Saavedra e Castro. Casou con D. Antonio Cándido Otero e Villamarín, natural da casa da parroquia de Cellán de Calvos concello de Castroverde.

XVI XERACIÓN

  1. Dª María Saavedra e Rois. Casou con D. Manuel Rodríguez Pérez.
  2. D. JUAN SAAVEDRA E ROIS. Falecido na cidade de Lugo en 1973.
    Casou con Dª Adelaida Pérez Folgueira. Tiveron por fillos a XVII.
  3. Dª Amanda Saavedra e Rois. Casou con D. Jaime Quiroga e Valcarcel.
  4. D. Javier Saavedra e Rois. Casou con Dª Manuela Alonso.
  5. Dª Guadalupe Saavedra e Rois.

XVII XERACIÓN

  1. D. Gonzalo Saavedra Pérez.
  2. Dª María Cristina Saavedra Pérez.
  3. D. Javier Saavedra Pérez.
  4. Dª María Luisa Saavedra Pérez.
  5. D. Juan José Saavedra Pérez.
  6. D. José Luis Saavedra Pérez.
  • Dossier Genealógico Documental de la Casa del Ancado. Testamentos, partidas de defundición, etc. de José Manuel Abel.
  • Castro de Rei. López Pombo.