I XERACIÓN

  • Inés Alonso do Río (chamada tamén Dª. Inés de Moscoso). Era dona da casa solar de A Mota “antiquísima y muy ilustre, sita en San Julián de Sante” [imaxino que sería en S. Xian de Sante, concello de Trabada (Lugo), onde hai un barrio chamado A Mota].
    Casou co escribán Alonso de Dael, oriundo da parroquia de S. Xusto de Cabarcos concello de Barreiros (Lugo). Foron veciños de Vilamor e logo de Mondoñedo, Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • D. Lorenzo López de Moscoso. Alcalde de Mondoñedo, logo licenciado e abogado da Real Audiencia e do Real Tribunal Galego, e máis tarde canónigo doctoral na Santa Igrexa Catedral de Santiago, señor que foi da casa da Mota.
    Casou con Dª. Catalina de Bañales. Baptizada na cidade da Coruña en 1605. Era filla do licenciado D. Cristóbal de Bañales (rexidor de Ponferrada e logo abogado da Real Audiencia, Asesor do Reino en diversos temas, e, ó enviuvar canónigo doctoral na Igrexa de Santiago e Xuiz da Cruzada. Defunto en 1653) e da súa muller Dª. Magdalena Núñez de Cortizo y Ponce de León, ésta sobriña do comisario da Cabalería do Rei e das Gardas Vellas de Castela Duarte Nuñez Cortiços, filla de Juan Nuñez Cortiços, Tesoreiro da S. M., veciño de Ponferrada, que tiña carta executoria gañada na Sala de Hijosdalgo da R. Chª. de Valladolid, neto paterno de Duarte Nunes, fidalgo, veciño de Bragança, señor do lugar de A Rifana (Arrifana?), e escudeiro da casa do rei D. Joao el III, nomeado en 1541. Sobriño era tamen Juan Nuñez de Manuel de Madureira fidalgo da Casa do Rei, cabaleiro de Cristo. D.Crístóbal Bañales era irmán de Fray Antonio de Bañales, guardián do convento de Vilafranca do Bierzo. Autor da obra ´´Discursos predicables de la dignidad sacerdotal´´.
    D. Lorenzo e Dª. Catalina foron pais de:

III XERACIÓN

  • D. Cristobal de Bañales y Moscoso. Baptizado na parroquia de Santiago pertencente a cidade de A Coruña en 1624. Licenciado e Abogado da Real Audiencia. Señor da Casa da Mota. Era pariente D. Cristóbal dos señores da fortaleza da Barreira (non sei exactamente por cal vía).
    Casou con Dª. Josefa Gayoso, de Lugo. (Para a súa xenealoxía ver Rois). Tiveron varios fillos e fillas:

IV XERACIÓN

Entre as fillas de Cristóbal e Josefa ben puidera estar Dª. Ana María de Moscoso (apelidada tamén de Bañales).
Casou co Doutor D. Antonio de Lago, médico do Presidio, e tiveron varios fillos e fillas:

V XERACIÓN

  • O primoxénito foi D. Bernardino, que parece que tamén fora abogado da Real Audiencia e algunha cousa máis que agora non me lembro.
    Casou coa sua prima Dª. Rosa Paula de Bañales, obtendo dispensa de Roma.
    E tamén casou unha señora de alta familia apelidada Bermúdez.
  • Tamén puidera ser filla Dª. María Antonia de Lago Moscoso.
    Casou con D. Francisco Antonio Suárez Hermoso, administrador das rentas da casa do Marqués de Mos que este tiña en Gomesende, onde residiron. Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  • D. José Salvador Suárez. Bautizado en 1718. Casou en 1744 con Juliana de Alfaia, irmá da esposa do seu irmán.
  • D. Benito Bernardo. Bautizado en 1720.
  • D. Diego (Francisco) Suárez. Baptizado na parroquia de O Pao concello de Gomesende (Ourense), en 1716. Foi sepultado na nave de S. Pedro da Catedral de Tuy en 1773.
    Casou en Tuy en 1740 con Manuela de Alfaia. Tiveron por fillo o:

VII XERACIÓN

  • Coronel do Rexemento e as milicias de Tuy, deputado das xuntas do reino e na Corte de Madrid, xuntº? Maior Real, etc. Defunto en 1809.
    Casado con Dª. María Correa Salgado. Foron pais de:

VIII XERACIÓN

  • D. Manuel Suarez Correa. Canónigo en Tuy e Ciudad Rodrigo e dean de Tuy. O seu expediente de limpeza de sangue, que data de 1817, se conserva no arquivo histórico diocesano de Tuy.
  • D. Antonio Suárez Correa. Guardia de Cors, defunto en 1809.

Parece que D. Diego tivo tamen fillos e fillas fora de matrimonio con María Antonia González, solteira, da parroquia de Parderrubias concello de Salceda de Caselas (Ourense), onde D. Diego parece que tamén posuía casa.