Cristobal Fernández Boan
Casou con Juana Pérez. Naturais da parroquia de Montederramo concello de Montederramo (Ourense). Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
Mauro Fernánde Boan. Natural da parroquia de Montederramo.
Casou con Beatriz Dabila. Natural da parroquia de Montederramo. Filla de Juan Muñoz Dabila e Juana Maldonado, naturais da parroquia de Montederramo.
Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
Benito Boan Dabila. Natural da parroquia de Montederramo.
Casou con María de Puga e Sandoval (para a súa xenealoxía ver Puga e Sandoval Xunqueira de Ambía Ourense). Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
Francisco Boan e Puga. Bautizado o 24 de xullo de 1694 na vila de Xunqueira de Ambía (Ourense). Colexial de Fonseca (1751).
Fonte
Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!