Juan de Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño concello de Castrelo de Miño (Ourense).
Casou con Isabel Taboada. Natural da casa e freguesía do Gargalo. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
Pedro Manuel Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño.
Casou con Isabel Salgado. Natural da casa e freguesía do Gargalo. Filla de Antonio Salgado, natural de Gargalo, e Ana Mondragón, natural da parroquia de Santa Cruz de Rivadulla concello de Vedra (A Coruña). Tiveron por filla a:
III XERACIÓN
Isabel Rosa de Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño.
Casou con Juan Antonio Romay (para a súa xenealoxía ver Cadro Pazo de Marín Pontevedra). Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
Antonio Jacinto Romay Armada. Natural da parroquia de Ponte Castrelo concello de Castrelo de Miño (Ourense). Colexial de Fonseca 1723.
Fonte
Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!