I XERACIÓN

  • Alonso Pardo de Losada. Señor da xurisdición de Navia.
    Casou con Jacinta de Andrade. Natural da parroquia de Trabazos concello de Castro Caldelas (Ourense). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Luis de Losada. Natural da xurisdición de Navia
    Casou con María Antonia de Prada. Filla de Francisco Sánchez Somoza, natural do Hospital, e Antonia de Prada, natural da parroquia de Piñeira concello de Ribas de Sil. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • Juana Losada.
    Casou con Antonio José Quiroga (para a súa xenealoxía ver Quiroga Ribas de Sil Lugo). Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Antonio Luis Quiroga e Losada. Nado na parroquia de Ribas de Sil concello de Ribas de Sil (Lugo) o 14 de xaneiro de 1728. Colexial de Fonseca.

Fonte

  • Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela