O 29 de maio de 1581, en virtude de autorización papal, o rei Felipe II vendeu ó crego Antonio Salgado as ruínas da torre de Borraxeiros e a xurisdicción correspondente por uns nove mil ducados (exactamente por 3.365.230 maravedís e medio), sendo valorada a torre en 56.586 maravedís.
I XERACIÓN
- Gómez Gundín. Casou con Inés Afonso. Veciños, segundo semella, da Laxe de Monterroso.
II XERACIÓN
- Alonso Gundín. Criado e "despensero" dos condes don Fernando de Andrade e dona Francisca de Zúñiga, a comezos do século XVI. Finou sobre o 1545.
Casou con Beatriz Salgado, tamén criada dos devanditos condes. Señores da casa da Laxe, en Monterroso.
III XERACIÓN
- Francisco Salgado. Sucesor na casa da Laxe, de Monterroso
- Payo Salgado. Fundador do vínculo do pazo de Seixós
- Antonio Salgado Gundín era descendente dunha poderosa liñaxe lucense, como fillo de Alonso Gundín e de Beatriz Salgado. Cos bens que foi adquirindo durante a súa vida fundou dous vínculos, o do pazo de Podente no 1561 e o de Borraxeiros no 1584, que pasaron ós seus fillos naturais.
Borraxeiros foi herdado pola súa filla Susana Salgado, casada co fidalgo Vasco Gómez Piñeiro, dos que naceron Tomé e Juan Salgado Gondín e Piñeiro. - Licenciado Gregorio Salgado.
- Gómez Gundín, o Vello. Fundador do vínculo da casa de Mundín, que casou en dúas ocasións:
A primeira con Beatriz Enríquez, de Ourense
A segunda con Inés Pérez de Ulloa, herdeira do pazo de Pedroso, en Santa María de Oirós (Vila de Cruces).
IV XERACIÓN
- Susana Salgado. Casou co fidalgo Vasco Gómez de Piñeiro.
V XERACIÓN
- Tomé Salgado Gondín. Foi excluido do morgado.
- Juán Salgado Gondín. Herdeiro de Borraxeiros.
Casou con Violante Baamonde.
Non tiveron descendencia.
Casou con Inés Yáñez de Ventosa.
VI XERACIÓN
- Antonio Salgado Gundín.
O sucesor. Engrandeceu a casa devolvéndolle o esplendor de antano. Foi IV señor de Borraxeiros, ainda que non estaba chamado a suceder no morgado. Herdeiro do vínculo que fundara o seu pai, Tomé Salgado Gondín e Piñeiro.
Seguiu a carreira militar, ascendendo postos no escalafón grazas ós seus servizos en campaña. Foi cabo das compañías do distrito de Chantada e serviu nos estados de Flandes cunha compañía de Infantería. De alí pasou ó Reino de Nápoles, onde ergueu unha compañía de “Caballos corazas” e, con ela, como Gobernador e Capitán, pasou á cidade de Altamura, participando en batallas, sendo unha delas a de Gattinara, onde, segundo testemuñas coetáneas “con su compañía fue el primero que entró en dicha plaza”.
Estes feitos de armas, así como a súa probada fidalguía, influiron decisivamente na concesión dun hábito de Cabaleiro de Santiago no 1639. Outorgou testamento o 17 de maio do 1644 e faleceu no mesmo ano, segundo testemuña a súa sepultura na igrexa parroquial.
Casara coa súa curmá Susana Salgado. Filla espuria do seu tío Juan Salgado. - Ana Salgado.
- Juan Salgado. Crego
- Isabel Salgado.
- Leonor Salgado.
VII XERACIÓN
- Juan Antonio Salgado Gundín.
Fillo único de Antonio e Susana. Naceu en Borraxeiros e faleceu na mesma parroquia o 24 de maio do 1663, sen facer testamento.
Casou o 12 de marzo de 1642 con:
Inés Aballe Enríquez(ou Avalle y Acuña).
Dona do antigo pazo ourensán de Parada de Amoeiro (como filla de don Gonzalo de Aballe e de dona Inés de Aballe y Mariño de Lobera, donos do mesmo), residencia na que tamén habitaron. Dona Inés de Avalle testou o 19 de xuño de 1668 ante Fernando de Losada en Parada de Amoeiro, mellorando no tercio e quinto ó seu fillo don Gonzalo Antonio, fundando vínculo con tódolos seus bens.
VIII XERACIÓN
- Gonzalo Antonio Salgado
Nado o 11 de decembro do 1644. Sucedeu o seu pai nos morgados de Borraxeiros e Parada (neste último pazo por mellora que lle fixo a súa nai o 19 de xuño do 1678). Outorgou o seu codicilo en San Xusto no 1696.
Enlazou por matrimonio novamente cunha liñaxe ourensá (de San Salvador de Vide). Casou con Leonor de Armada.
IX XERACIÓN
- Tomas José Salgado. Brigadier. Posuiu o morgado e faleceu sen descendencia.
- Juan Antonio Salgado e Armada.
Como moitos dos seus ascendentes seguiu a carreira militar. Nacera en Santiago de Parada o 31 de maio do 1672. Segundo testemuña a folla de servicios, sirveu no exército máis de 31 anos, chegando a capitán de granadeiros. Foi Rexedor Perpetuo de Ourense, señor das casas de Borraxeiros, Parada, Barcia de Lira e outras. No 1711 foi nomeado Cabaleiro de Santiago.
Casou con Manuela Enríquez de Mendoza. - Nicolas Salgado.
- Isabel María Salgado.
- Catalina Salgado. Relixiosa.
- Leonor Ventura Salgado. Relixiosa.
- Teresa Salgado. Relixiosa.
X XERACIÓN
- Joaquín Salgado Enríquez.
Foi Coronel de Infantería e do Rexemento Provincial de Milicias de Ourense, séndolle outorgado por Real Despacho de 21 de xaneiro do 1761 o condado de Borrajeiros, co vizcondado previo de Parada
Casou con Benita Enríquez.
Non tiveron descendencia. - Juan Manuel Salgado.
- Ines María Salgado. Casou con Antonio Jacinto de Soto.
Foi Cóengo de Tui e, por 1783 se titulaba segundo conde de Borrajeiros. Tivo un fillo con Isabel Cid.
XI XERACIÓN
- Juan Francisco Salgado.
Lexitimado para que poidera herdar ó seu tío o 6 de febreiro do 1776. Bautizado en San Pedro de Morillones, chegou a capitán de Granadeiros de Ourense, sendo o terceiro conde.
Casou con Estrella Cárdenas. Filla de don Benito José de Cárdenas Montenegro e de dona Ignacia Pardo Ribadeneira; neta paterna de don Juan Antonio Cárdenas e Chavarría e de dona María Josefa Montenegro e Mosquera, que procedía do Pazo de Donfreán, en Santiago de Catasós-Lalín. - Mariano de Soto Salgado. Casou con Cayetana Arrojo Altamirano.
XII XERACIÓN
- José María Salgado Cárdenas. Conde de Borraxeiros.
Casou con María Teresa Zárate . Filla de don Antonio Julián de Zárate, cuarto marqués de Montesacro, e de dona María Gaspara Bazán de Mendoza. - Juan de Soto Altamirano.
XIII XERACIÓN
- Juan José Salgado.
Casou con Socorro Ramos Otero.
XIV XERACIÓN
- José Salgado Ramos.
- Socorro Salgado Ramos.
Casou con Ramón Roca Gómez, da casa de Salgueirón.
XV XERACIÓN
- Avelino Roca Salgado.
- Flora Roca Salgado.
- Carmen Roca Salgado.
- Jesusa Roca Salgado.
Casou con Jesús Taboada Madriñán, da casa dos Fidalgos da Corredoira, en Santa María de Oirós (Vila de Cruces).
XVI XERACIÓN
- Manuel Taboada Roca. Conde de Borraxeiros marqués de Montesacro. Rehabilitou o título de conde de Borraxeiros no 1958. Membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
- Antonio Taboada Roca. Ilustre xenealoxista, destacado participante na obra "Terra de Melide", do antigo Seminario de Estudos Galegos.