Rodrigo Buceta.Casou con Catalina Saborido. Naturais da parroquia de Lantaño concello de Portas (Pontevedra).
II XERACIÓN
Alonso Buceta. Natural da parroquia de Lantaño.
Casou con María de Riba. Natural da parroquia de San Lourenzo da Nogueira concello de Meis (Pontevedra). Filla de Fernando da Riba e Lucía ¿, naturais de San Lourenzo de Nogueira.
III XERACIÓN
Domingo Buceta. Natural da parroquia de Lantaño.
Casou con Ana González de Cea. Natural da vila de Caldas de Reis. Filla de Gonzalo Buceta Cea, natural da vila de Caldas de Reis, e María Dobarro.
IV XERACIÓN
Francisco Buceta de Cea. Natural da parroquia de Portas concello de Portas. Colexial de Fonseca (1665).
Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!