Os Cuesta procedían da parroquia de Torazo concello de Cabranes (Asturias) e se afincaron na cidade de Vigo

I XERACIÓN

  • Manuel de la Cuesta.
    Casou con María del Carmen Obín Barreda. Veciños de Torazo. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Sebastián Antonio de la Cuesta Obín. Presentou testemuñas en Vigo en 1824 para acreditar a súa fidalguía. Coronel. Deputado a Cortes.
    Casou con Josefa Núñez Fernández (para a súa xenealoxía ver Núñez Casa de (Vigo). Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Justo Pelayo Cuesta Núñez. Nado en Marín o 1 de novembro de 1823. Falecido en Madrid o 15 de abril de 1889. Un dos grandes políticos e deputados galegos do s. XIX. Doutor en Dereito.
    Casou con Juana Loriga Taboada. Filla de Antonio Loriga Reguera. Xeneral. Deputado a Cortes (para a súa xenealoxía ver Loriga Joaquín aviador).
  2. Javier Cuesta Núñez
  3. Maria Gloria Cuesta Núñez
  4. María Dolores Cuesta Núñez.
    Casou con D. Antonio Urzaiz Castro. Brigadier. Tiveron por fillo a VI.

IV XERACIÓN

  • Ángel Urzaiz Cuesta. Nado en Puerto de Santa María (Cádiz) no ano 1856. Falecido en Madrid o 1 de maio de 1926. Avogado. Deputado a Cortes. Senador vitalicio. Gobernador da provincia de Córdoba. Ministro de Facenda.
    Casou con Adela Cadaval. Do pazo de Cadaval (Nigrán).

FONTE
  • VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores (1810 – 2003) Parlamento de Galicia Real Academia Galega 2003