I XERACIÓN

  • D. PEDRO SALGADO DE CASTRO E SAAVEDRA. Dono da Casa de Cernadas
    Casou na parroquia de Vilaza (Gondomar) en 1670 con Dª MARIANA DE ARINES ARCE E MANRIQUE. Filla de TOMÁS ARINES TRONCOSO (Capitán. Defunto en Vilaza en 1678. Dono que din que foi da Casa de Pampillón (situada en Vilaza), casa que segundo contan se queimara na guerra contra Portugal así como os arquivos da mesma) e da súa muller Dª.ANTONIA DE LA HIGUERA ARCE E MANRIQUE, filla do ''capitán de caballos'' e gobernador de Baiona D.FRANCISCO DE LA HIGUERA Y TÉLLEZ GIRÓN e da súa muller, apelidada supoño ''Arce y Manrique(de Lara)'',de nome non sei se Dª.Mariana,e que segundo G. Espino era ''una hija de los Marqueses de Aguilar''.Deste enlace ven a familia Salgado de Baiona,segundo din. Fillo destes foi (e até non sei si sucesor):

II XERACIÓN

  • D.DIEGO SALGADO E ARINES
    Casou con Dª.MARÍA DE CORONADO OZORES E PREGO DE MONTAOS. Filla de D.LOPE DE CORONADO E PREGO DE MONTAOS e de Dª.AGUSTINA OZORES E ZETA, a súa muller, que debían ser donos da casa de Quintela, sita na parroquia de Quintela concello de Redondela, da que falan no libro da zona de Pazos y Torres, neta paterna de D.PEDRO DE CORONADO, rexidor de Redondela e da súa 2ª muller(e poida que parente) Dª.CATALINA PREGO DE MONTAOS, filla ésta do capitán NUNO (ou NUÑO) PREGO DE MONTAOS e da súa muller MARÍA AGULLA BULLÓN Y FIGUEROA...
    D.DIEGO E Dª.MARÍA tiveron varios fillos e fillas. Un dos fillos e unha ou dúas das fillas enlazaron con membros da familia Mera y Zúñiga, parentes seus en 3º grao,porque éstes procedían do enlace de D.JUAN DE MERA Y MONTAOS e Dª.VICTORIA TIZÓN Y ZÚÑIGA, sendo él fillo de D.PEDRO DE MERA Y ARAÚJO e de Dª MARÍA CORONADO BULLÓN Y FIGUEROA, irmá esta da antes citada Dª.CATALINA. D.JUAN ANTONIO SALGADO E Dª.JUANA VICTORIA DE MERA Y ZÚÑIGA poida que casaran en Sabaxans (S.Mamede de Sabaxáns, bispado de Tui, municipio de Mondaríz)(1735), sendo abade daquela parroquia quen a xulgar polos apelidos debía de ser irmán da noiva. Foron dispensados polo seu parentesco e consanguinidade.

III XERACIÓN

  • Dª.JOSEFA SALGADO Y CORONADO. Casou con D.LUIS FRANCISCO DE MERA E ZÚÑIGA. Tiveron a:

IV XERACIÓN

  • D.JUAN BENITO DE MERA E ZÚÑIGA.
    Casou con Dª.RITA DE MONTES Y PIÑEIRO. Irma de D.MIGUEL DE MONTES e de Dª.ANTONIA PIÑEIRO E VILARIÑO, veciños de Vigo, neta paterna de D.PEDRO DE MONTES E CASTRO e Dª ANTONIA LÓPEZ, e neta materna de D.MARCOS PIÑEIRO VILARIÑO e Dª.MARÍA DOMINGA DE ABALLE.
  • MARÍA ALEXANDRA JUANA NEPOMUCENA DE MERA E ZUÑIGA. Bautizada na parroquia de Redondela concello de Redondela o 27-8-1758.
  • D.JUAN ANTONIO SALGADO PREGO Y MONTAOS (posiblemente o mesmo que aparece casado no libro de Sabaxáns con Dª JUANA VICTORIA DE MERA Y ZÚÑIGA) tivo por fillo posiblemente fora de matrimonio, e supoño que antes de matrimonio con ROSA DE SAN ROMÁN, de San Bieito de Gondomar, chamado tamén JUAN ANTONIO SALGADO,que casou (creo que casou) con ANA MOURIÑO (filla de DOMINGO MOURIÑO e JOSEFA OTERO, veciños, supoño, que de Quintela). E tiveron muitos fillos e fillas bautizados na parroquia de S.Mamede de Quintela. Dun deles, GREGORIO TOMÁS(1774) foi madriña Dª.GREGORIA SALGADO, que aparece anos despóis como patrona xunto cunha das súas irmáns(non me lembro agora de cal,non sei até si mais)como patrona(s) dunha obra pía fundada por D.LOPE PREGO DE MONTAOS, abade de Petelos, fillo de JUAN PREGO DE MONTAOS E CATALINA LÓPEZ LOBA, e irmá do antes citado capitán NUNO(ou NUÑO) PREGO DE MONTAOS (que creo que foi rexidor tamén de Redondela éste)...Debía de ser filla Dª.GREGORIA DE D.JUAN ANTONIO,poida que habida do seu matrimonio