Gregorio de Pazos e Proben. Casou con Mayor Estévez de Cons. Naturais da parroquia de Mourente concello de Pontevedra.
II XERACIÓN
Antonio Pazos e Probén. Natural da parroquia de Mourente.
Casou con Ángela de Barros e Alemparte. Natural da parroquia de Carballedo concello de Cotobade (Pontevedra). Filla de Gregorio de Barros e María García, naturais da parroquia de Carballedo.
III XERACIÓN
María Francisca de Pazos e Probén. Natural da parroquia de Mourente.
Casou con Ventura de Lis e Saavedra (para a súa xenealoxía ver Lis e Saavedra vila de Pontevedra).
IV XERACIÓN
Pedro Benito de Lis Saavedra e Pazos. Natural da parroquia de Mourente. Colexial de Fonseca (1725).
Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!