Victoriano de Odriozola Egaña. Director da Granxa Modelo. Presidente da Deputación Foral de Álava. Introduciu o uso da remolacha azucreira en Álava.
Casou con Mercedes Pietas Martínez de Zuazo. Tiveron por fillos a II.
II XERACIÓN
Miguel Odriozola Pietas. Nado en Vitoria o 10 de decembro de 1903. Falecido en Madrid o 28 de novembro de 1974. Enxeñeiro agrónomo. Participou na Misión Biolóxica de Galicia no pazo de Salcedo (Pontevedra) canda Cruz Gallástegui. Ocupou a cátedra de zootecnia animal na Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid. Deputado a Cortes.
Casou con Mercedes Lino Sánchez
Antonio Odriozola Pietas. Natural de Vitoria. Bibliotecario. Investigador. Unha das maiores autoridades en libros impresos en Galicia. Membro do padroado do Museo de Pontevedra. Membro do Instituto Pai Sarmiento. Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega. Levaba sempre unha camelia na solapa por iso na praca da rúa que leva o seu nome en Pontevedra aparece esta flor.
III XERACIÓN
José María Odriozola Lino. Nado en Pontevedra o 23 de xullo de 1939. Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Complutense de Madrid. Presidente da Real Federación Española de Atletismo. Vicepresidente do Comité Olímpico Español.
Casou en 1970 con Gunilla ¿?. Suiza. Teñen dous fillos.
Álvaro Odriozola Lino
FONTES
RUIBAL, Arturo (2006): Pontevedreses. Ed. Diario de Pontevedra