Ynes Vidal. Natural de Baiona.
Casou con Estebo Martis de Billa Lacre, rexedor da vila de Baiona. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
María Martis de Salazar (ou de Billa Lacre). Natural de Baiona.
Casou con Francisco Domínguez, racioneiro, fillo de Estebo de Fonte Fría e de Maria Fon (ou Faro), pescadores, naturais da vila de Cangas do Morrazo. Este Francisco Domínguez tivo unha irmá chamada María Domínguez, que casou con Rodrigo de Cabral. María e Francisco tiveron por filla a:
IV XERACIÓN
Costança Goterres de Salazar. Veciña de Baiona
Casou con Fernán Casa de Sahabedra (para a súa ascendencia e sucesión véxase a liñaxe "Casa de Sahabedra").
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!