I XERACIÓN

  • Juan Gaviño. Nado na parroquia de Salcidos concello de A Guarda (Pontevedra) arredor de 1850. Emigrou a Puerto Rico, onde casou en primeiras nupcias con:
    Petronila Costales, da que tivo tres fillos, e entre eles, a II.
    Casou en segundas nupcias con Vicenta Cintron.

II XERACIÓN

  • Ángela Gaviño Costales. Nada no departamento de Juana Díaz, en Puerto Rico o 30 de agosto de 1886. Falecida o 6 de marzo de 1963.
    Casou en La Vega (Santo Domingo) o 6 de novembro de 1906 con José Bosch Subirats. Nado en Tortosa (Tarragona) o 16 de xullo de 1877. Fillo de Francisco Bosch e de Maria Cinta Subirats. Artesán e albanel. Participou na edificación do Palacio Presidencia de Santo Domingo. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. José Andrés Bosch Gaviño. Nado en La Vega (Santo Domingo) o 30 de novembro de 1907.
  2. Juan Emilio Bosch Gaviño. Nado en La Vega (Santo Domingo) o 30 de xuño de 1909. Falecido en Santo Domingo o 1 de novembro de 2001. Político de esquerdas, ensaísta, novelista e escritor. Primeiro presidente constitucional da República Dominicana, electo en 1962, e derocado ao cabo duns meses por un golpe militar auspiciado polos Estados Unidos de América. Fundador do PRD (Partido Revolucionario Dominicana) e do PLD (Partido de Liberación Dominicana).
    Casou en primeiras nupcias en xaneiro de 1935 con Isabel García Aguilar. Tiveron por fillos a IV 1 y 2.
    Casou en segundas nupcias en Cuba o 30 de xuño de 1943 con Carmen Quidiello. Tiveron por fillos a IV 3 e 4.
  3. Francisco Bosch Gaviño. Nado en Cabo Haitiano (Haití) o 17 de agosto de 1911. Falecido en 1922 a causa dunha epidemia de disentería.
  4. María Josefina Bosch Gaviño. Nada en La Vega (Santo Domingo) o 23 de setembro de 1915 .
  5. Ana Leticia Bosch Gaviño. Nada en 1917. Falecida en 1922, tamén a causa da disentería.

IV XERACIÓN

  1. León Bosch García. Nado o 26 de decembro de 1936.
  2. Carolina Bosch García. Nada en Puerto Rico o 14 de marzo de 1938.
  3. Patricio Bosch Quidiello. Nado en La Habana o 20 de xullo de 1946.
  4. Bárbara Bosch Quidiello. Nada en Costa Rica o 20 de decembro de 1951.

FONTES
  • http://es.wikipedia.org/wiki/Juan_Bosch
  • http://www.rootsweb.com/~domwgw/Flia-BoschGavino.htm
  • http://www.pld.org.do/04-juan-bosch/biografias/Biografia%20III.htm