Existen alomenos antecedentes do apelido Limeses na cidade de Pontevedra que se poden remontar, cando menos, ata o ano 1681, cando se redacta un documento hoxe conservado no Arquivo do Reino de Galicia e que leva por título “Francisco de Limeses con Antonio Gago de Mendoza, sobre elección de oficios repúblicos”. É moi posible que este Francisco de Limeses sexa devanceiro desta notable familia:

I XERACIÓN

  • Tomás Limeses.
    Casou con Josefa do Burgo. Natural de Pontevedra. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Alberto Limeses do Burgo. Nado en Pontevedra o 24 de xullo de 1773. Falecido o 27 de xullo de 1848.
    No Arquivo do Reino de Galicia consérvase un documento datado no ano 1828 e que fai referencia á Alberto Limeses: “Baltasar da Rama, sindico de los santos lugares de Jerusalem, con Alberto Limeses, escribano de número de Pontevedra, sobre propiedad de su oficio y pago de renta”. Pola coexistencia espazo-tempo destes dous personaxes, non é descartable que sexan a mesma persoa.
    Casou o 9 de xuño de 1794 con Genara Lois Meijueiro. Natural de Pontevedra. Falecida o 16 de abril de 1828. Filla de Mauro Lois Beloso e de Tomasa Meijueiro López Fariña. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Francisco Tomás Limeses Lois. Nado en Pontevedra o 15 de xuño de 1803. Falecido nesta mesma cidade o 4 de febreiro de 1876.
    Casou o 6 de marzo de 1837 en Pontevedra con Carmen Iglesias Pérez Villamil. Nada na vila de Puerto de la Vega (Asturias) o 17 de agosto de 1815. Falecida o 7 de marzo de 1865 (para a súa xenealoxía véxase a liñaxe “Iglesias (Cambados)”). Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Amalia Limeses Iglesias. Nada en Pontevedra o 31 de marzo de 1851. Faleciad nesta mesma cidade o 4 de xuño de 1928.
    Casou o 27 de febreiro de 1871 en Pontevedra con Emilio Álvarez Jiménez . Nado en Puebla de Sanabria (Zamora) o 21 de marzo de 1830. Falecido en Pontevedra o 12 de xuño de 1911. Fillo de Gregorio Álvarez González e de María Jesusa Ximénez de la Fuente. (para a súa descendencia ver a liñaxe “Álvares Limeses”)

FONTES

  • Información facilitada por D. Celso Álvarez Cáccamo
  • Páxina web do Arquivo do Reino de Galicia