I XERACIÓN
- D. Pedro de Arines. Escribán de Vigo en 1525. Falecido en Baiona defendendo a vila dun desembarco de corsarios estranxeiros no s. XVI.
Casou con Dª Ana Troncoso de Chenlo. Neta de D. Fernan Troncoso de Sotomayor señor da Picoña. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- D. Juan de Arines
Casou con Dª Ines Rodriguez de Vilela. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- D. Pedro de Arines Troncoso. Nacido en Vigo hacia 1525. Fixo información de nobreza en 1627. Escribán. Residiu en Camos (Nigrán) e Baiona. Señor de Moreiras, Troncoso e Camos. Nesta última parroquia era propietario do pazo de Torres Blancas herdado do seu tío Abel Troncoso en 1543. Gobernador de Baiona.
Casou en primeiras nupcias cunha rapaza de Cangas sendo anulado o matrimonio e ela internada nun convento de Pontevedra.
Casou en segundas nupcias con Ines Alonso. Tiveron por fillo a IV 1.
Casou en terceiras nupcias en Baiona en 1544 con Dª Mayor Fernández de Acuña. Filla dun escribán de Baiona. O matrimonio fundou maiorazgo sobre a casa de Camos e outros bens.
Tiveron oito fillos: IV 2 a 9.Entre os descendentes de Pedro se atopan os duques de Atrisco e de Patiño; os marqueses de Valladares, Pazo da Mecerde, Atalaya, Santa María del Villar e Figueroa; os condes de Priegue, San Román, Maceda e Amarante; os vizcondes de Meira, Pegullal e Fefiñáns e os baróns de Casa Goda
IV XERACIÓN
- D. Abel Troncoso. Nacido na parroquia de Camos concello de Nigran en 1545. O primoxénito. Herdou o maiorazgo e títulos do seu pai.
Casou con Dª Isabel de Sequeiros. Irmá do primeiro conde de Priegue e de D Diego de Zúñiga bispo de Ourense. Tiveron descendencia. - D. Juan. Bautizado na colexiata de Santa María de Vigo en 1549. Sucedeu na escribanía o seu pai. Rexedor da cidade de Vigo.
Casó con Ginebra Núñez de Romay. Tiveron por filla a IV 1. - San Juan de Arines. Falecido en Vigo en 1602.
Casou en 1582 con Dª María Alonso de Castro. Herdeira do maiorazgo de Fontán na parroquia de Mañufe concello de Gondomar fundado polos seus tíos D Gregorio Calzado e Dª Ines Fernández de Castro. Tiveron por fillos a V 2 a 6. - D. Esteban.
Casou con Maria Laso de Barros. Tiveron por fillo a V 7. - D. Thome. Eclesiástico. Comisario do Santo Oficio. Arcediano de Reina (Toledo)
- Dª Mayor. Casou con D. Manuel Pereira Andrade. Da casa do seu apelido en Nigrán.
- Dª Ines. Casou con Gómez Correa de Araujo. Inquisidor.
- Dª Constanza. Casou con D. Esteban Colón, vigues.
V XERACIÓN
- Dª Ines Romay Troncoso.
Casou con D. Luis Sarmiento de Valladares. Natural de Vigo. Tiveron oito fillos, tres varóns e cinco mulleres (ver a xenealoxía e descendencía en Valladares marquesado de). - Pedro Arines e Castro. Señor de Camos. Militar do Santo Oficio.
- Miguel de Arines. Abade de Lavadores. Familiar do Santo Oficio.
- Juan de Arines. Rexedor de Vigo
- Maria de Castro e Acuña. Casou cun Barbeito.
- Gregorio. Capitán de milicias no Val Miñor.
- D. Esteban Arines. Abade de Moscoso. Fundador do maiorazgo de Santiago de Vigo en 1663. Tivo por filla a:
VI XERACIÓN
- Dª Maria de Arines.
Casou co seu parente D. Pablo de Arines. Tiveron por filla a:
VIII XERACIÓN
- Dª Mariana de Arines Troncoso.
Casou con D. Antonio de Párraga (para a súa xenealoxía ver Párraga (Vigo). Tiveron por fillo a:
IX XERACIÓN
- Bernabé de Párraga e Arines.
- Bartolomé de Párraga e Arines.
Casou con Josefa Troncoso de Lira. Filla de Bartolomé Troncoso de Lira e de María Pereira de Castro. Tiveron por fillo a X 1. - Ana María de Párraga e Arines.
- María Francisca de Párraga e Arines.
Casou con Francisco García de Porras. Tiveron por fillos a X 2-3.
Casou con Mariana Pallares de Moscoso. Filla de José Pallares Moscoso e de Andrea Collazo Araujo.
X XERACIÓN
- José Antonio de Párraga e Arines. Sarxento Maior da Milicia en Vigo.
- Antonio García de Porras Solís e Párraga.
- María Petronila de Porras Solís e Párraga.
Casou con María Teresa Gayoso e Aldao. Filla de Pedro Antonio de Gayoso e Castro e de María Bernarda Beloso e Noboa. Tiveron por fillos a XI.
XI XERACIÓN
- Antonio de Párraga e Gayoso. Nado en Vigo en 1764.
- Jacobo de Párraga e Gayoso.
Casou con Andrea de Acuña e Malvar. Filla de Ignacio de Acuña Martínez e de María Malvar e Pinto (para a súa xenealoxía ver Malvar - Pazo de Gandarón-Salcedo). Tiveron por fillos a XII - Francisco de Párraga e Gaeoso. Nado en Vigo en 1765.
XII XERACIÓN
- María Martina de Párraga e Acuña.
Casou con Juan Bautista Naharro. IV Barón de Casa Goda e Coronel do Rexemento Provincial de Pontevedra (para a súa xenealoxía ver Casa Goda Baróns de). Tiveron por fillo a:
XIII XERACIÓN
- D. Antonio Naharro e Párraga. V Barón de Casa Goda.
Casou en Málaga en 1837 con Josefa del Barrio e Gómez Dorado. Filla de Isidro del Barrio e Lázaro e de Petronila Gómez Dorado e Ruano. Tiveron por fillos a:
XIV XERACIÓN
- Federico Naharro del Barrio. VI Barón de Casa Goda.
- Elvira Naharro del Barrio. Casou con Juan Antonio Cunha.
- Isidoro Naharro del Barrio. Finado en 1900.
- Elisa Naharro del Barrio.
Casou en primeiras nupcias en Vigo o 8 de decembro de 1876 con Hipólito Llorente e Rey. Nado en Santiago de Compostela o 4 de agosto de 1820 e falecido o 1 de xaneiro de 1890. Non tiveron sucesión. (para a súa xenealoxía ver Llorente Casa dos O Piñeiro Vigo).
Casou en segundas con Ramón Rey Raviña.
FONTE
Espinosa Rodriguez, José. "Tierra de Fragoso". Notas para la historia de Vigo y su comarca. Vigo 1947. Pags. 380–382.