Alonso Juan ''el Viejo''
Casou con Catalina de Bazán. Do Coto de Vigo, as Torres do Oeste, ..., veciños de Tordesillas. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
Pedro Juán Bazán(algúns autores din que foi tenente de maestre de Campo Xeral dos estados de Milán e engádenlle un apelido, Heredia, Pedro Juan de Bazán y Heredia, e que constaba como nobre nun padrón de veciños de Vilanova de Arosa en 1588].
Casou con María Pérez de Torres, señora de Cores e a súa torre e outros lugares, casas e pazos. Filla de Juan Fernández de Torres e de Sancha González del Deán, veciños de Vilanova de Arosa, e neta de Rodrigo de Torres, escudeiro, e da súa muller Teresa Ares da Cana, veciños da Vilanova tamén.
Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
O doutor Juan de Bazán e Torres, colexial de Fonseca.
Casou con Dª. Catalina de Torres Bermúdez.Tiveron por fillo entre outros a:
IV XERACIÓN
Mauro Bazán de Torres, que tamén sucedeu ó seu pai e avós paternos nos seus estados.
Casou con Dª. Catalina de Mendoza e Abraldes. Filla das casas de Vista Real e Guimeráns. Tiveron por fillo a:
V XERACIÓN
D. Benito José Bazán de Mendoza, que sucedeu e foi ademáis alcaide e meiriño da fortaleza de Rianxo.
Casou con Dª. Ángela Antonia de Oxea Ayala Rojas e Sandobal. Filla dos I Condes da Torre (de Penela). Tiveron por fillo a:
VI XERACIÓN
O señor D. Pedro Juan Bazán de Mendoza Oxea Ayala, Roxas, Sandobal, Sotomayor, Mariño, Chariño, Ares de Torres. Nado en 1726. Falecido en 1788), que sucedeu nos estados e cargos do seu pai.
Casou en primeiras nupcias cunha de la Vega e Calo (quizais Rubio de la Vega e Calo e cun fillo, de nome D. Benito).
Casou en segundas nupcias con Dª. María Ignacia de Castro Leira Gayoso das Seixas Arce y Bermúdez, da casa de Parada (Tabeirós).
(Tivo varios fillos e fillas. Dúas das súas fillas casaron con dous fidalgos apelidados Pardo. E dun destes matrimonios veu Dª. Emilia, Condesa de Pardo Bazán.)
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!