I XERACIÓN

  • D. Vasco Pérez de Baamonde
    Casou con Dª. Milia Pérez de Castro. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Dª. Aldara Vazquez. Tivo por fillo a:

III XERACIÓN

  • D. Alfonso Vazquez
    Casou con Dª. Teresa Rodríguez. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Dª. Leonor Vazquez da Insua
    Casou co mariscal D. Suero Gómez de Soutomaior y Mendoza. Fillo de D. Paio Gomez de Sotomaior e de Dª.Mayor de Mendoza, parente do arzobispo de Santiago de Compostela D. Lope de Mendoza, segundo uns irmá, segundo outros sobriña) . Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  • Dª. Inés de Mendoza y Soutomaior
    Casou con D. García de Caamaño “el Hermoso” . Tiveron por fillo a:

VI XERACIÓN

  • D. García de Caamaño y Mendoza “el Alto”
    Casou con Dª. Constanza Sánchez de Bendaña. Tiveron por fillo a:

VII XERACIÓN

  • D. Álvaro de Soutomaior y Mendoza
    Casou con Dª. Mayor de Zúñiga. Filla dos señores de Teáns. Tiveron por fillo a:

VIII XERACIÓN

  • Dª. Mayor de Mendoza
    Casou con D. Fernando de Montenegro, señor da casa da Trabanca, de Fragas e Albeos, Rexente do Consello de Italia e do Real de Castela, Oidor da Real Chancelería de Valladolid.
    Tiveron por fillo a:

IX XERACIÓN

  • Dª. Ana de Montenegro
    Casou con D. Paio Mariño de Lobeira V señor da serra de Outes. Tiveron por fillo a:

X XERACIÓN

  • Dª. Mayor de Mendoza
    Casou co seu parente D. José de Caamaño, señor de Rubiáns. Non tiveron sucesión.
    Mais de outro home (descoñezo se casaron ou non) tiveron por fillo a:

XI XERACIÓN

  • Dª. Catalina de Mendoza (ou Mariño de Lobera,ou Lobera...)
    Casou con D. Antonio de Prado y Gayoso, das casas de Friol (polos Prado) e de Mirapeixe (polos Gayoso). Fillo do escribán Alonso Gómez de Sejarey e Prado e, probablemente, de Alberta de Paadín, sobriña do licenciado Pedro de Paadín.
    Tiveron por fillos a:

XII XERACIÓN

  1. D. Baltasar de Prado
    Casou na parroquia de Sobrán concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) en 1696 con Dª. Elena de Torres Villardefrancos Tiveron por fillo a XIII 1.
  2. Dª. Mariana
    Casou na parroquia de András concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra) en 1682 con D. Nuño Prego de Montaos y Lanzós. Baptizado en Vilavella en xaneiro de 1649, fillo de Martín Prego de Montaos e de Antonia de Ortega y Lanzós (da casa da Louriña (Lanzós y Andrade), neto paterno do capitán Nuño Prego de Montaos y Coronado e de María Agulla Bullón Figueroa, da casa de Figueroa, entre A Coruña e Betanzos, bisneto polo capitán Nuño de Juan Prego de Montaos, aparece calificado de fidalgo no reconto de veciños de Vilavella e Redondela feito en 1561, era veciño do lugar dos Pasales, xuntao río, e sobriño do arcidiano D. García Prego de Montaos, fundador do Convento xustiniano de Vilavella e de Catalina Lopez Loba, a súa muller, que se dicía era do solar e fortaleza antiga do Pico Sacro). Os Prego de Montaos viñan da casa de Lestrove, na terra de Montaos, que na segunda metade do século XVIII era do Escmo. Sr. Conde de Grajal. Dª. Mariana e D. Nuño, que foron señores da casa solar de Tapedello (András)
    Tiveron por fillos a XIII 2 a 8.
  3. Dª. Antonia. Casou con D. Antonio Pedrosa.
  4. Dª. Francisca. Casou con D. J. de Castro y Balcácer.
  5. Dª. Catalina de Prado y Montenegro (ou Prado y Soutomaior). Casou con D. Benito Pedrosa.
  6. Dª. Ángela de Prado Mariño y (de) Soutomaior, esta parece que se metera monxa no convento de xustinianas de Vilavella (Redondela).

XIII XERACIÓN

  1. D. Juan Antonio de Prado. Casou con Dª. Josefa Ozores. Con sucesión.
  2. D. Esteban, primoxénito, baptizado un día despois de naceren os seus pais.
    Casou cunha filla dos señores de Madarnás, prima do VIII conde de Amarante (pola súa nai Dª. Catalina Gayoso y Ozores.
  3. D.Antonio Benito
  4. D. Carlos. Casado con mulleres fidalgas da terra do Salnés.
  5. D. Manuel (Francisco),
    Casou con Dª. Maria Fabiana Gómez Valladares (das casas de Cuervo y Quiros, entroutras , polo pai), e aveciñado na parroquia de Padriñán concello de Sanxenxo (Pontevedra). Tiveron por fillo a XVI 1.
  6. Dª. Mariana
  7. Luis Francisco
  8. Dª. Gaspara Prego de Montaos
    Casou no 1715 (hai unha partida no libro de casados de San Martín de Sobrán) con Fernando Miguéns y Catoira, oriundo da parroquia de Cornazo concello de Vilagarcía de Arousa, que de profesión parece que era medidor e tasador de terras, tiveron cando menos 3 fillos e unha filla: XVI 2 a 5.

XIV XERACIÓN

  1. D. Ignacio, que creo que fixera Real Provisión de Hidalguía en Valladolid.
  2. Benito Miguens (ou Míguez, ou Miguenz) Catoira y Montaos
  3. Manuel Miguens (ou Miguez) Catoira Prego y Montaos
  4. Bartolomé
  5. Manuela (Antonia) Miguéns Prego. Baptizada na parroquia de András en 1729.
    Casou con Luis González (do cal non coñezo aínda a condición exacta, mas sospeito que fose veciño de Sobrán). Tiveron por fillo a:

XV XERACIÓN

  • Juana González Miguéns
    Casou na parroquia de András en 1784 con Bernardo de Cores. Tiveron por fillo a:

XVI XERACIÓN

  • Manuela de Cores
    Casou na parroquia de András en 1813 con Francisco de Cores. Tiveron por fillos a:

XVII XERACIÓN

  1. Carlos Cores Cores. Bautizado na parroquia de András en 1819.
    Casou con Carmen López Mariño, da parroquia de Caleiro concello de Vilanova de Arousa. Tiveron por filla a XVIII.
  2. Montserrat ou Mª Montserrat Cores Cores. Bautizada na parroquia de András

XVIII XERACIÓN

  • Rosa Cores López. Baptizada na parroquia de Caleiro en 1851.
    Casou con Miguel Álvarez López. Baptizado na parroquia de Caleiro en 1843. Fillo de Fermín Álvarez Rivas, da parroquia de András, e de Trinidad López Nogueira, da parroquia de de Caleiro. Eran Miguel e Rosa parentes en 4º grao (López). Tiveron por fillos a:

XIX XERACIÓN

  1. Ricardo Álvarez Cores. Nado na parroquia de Caleiro en 1880.
  2. María Isolina Álvarez Cores. Nado na parroquia de Caleiro en 1888.
  3. Trinidad. Nada xa mediada a década dos noventa do século XIX.

Tamén teño que dicir que, evidentemente , Dª. Inés de Mendoza, D. García de Caamaño ´el Alto´, e etc. tiñan máis irmáns, pero, e que se temos que poñer a todos, irmáns, primos, a súa descendencia, etc. non nos da o que queda de ano. E deixei de mencionar os señoríos dos Caamaño, Suero Gómez e o seu pai, avó, etc. Pero son bastante coñecidos.