I XERACIÓN

  • José Piñeiro Gerpe Chantrero (ou Piñeiro-Chantrero). Faleceu en Renza no 1742.
    Casou en primeiras nupcias con Ana Romero. Tiveron un fillo.
    Casou en segundas nupcias con Antonia Prego Romero. Foron veciños de Renza.
    En 1714 fundan vínculo e morgado, instituíndo por herdeiro ao seu fillo D. Benito,´´sacerdote´´.
    Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. D. Benito. Sacerdote.
  2. Francisco Piñeiro y Romero
  3. Antonia Piñeiro Gerpe Chantrero y Prego Romero. Sucesora no vínculo e morgado.
    Casou na parroquia de Sobrán no 1722 con Miguel de Castro y Fandiño. Fillo de Francisco de Castro e María Vázquez Fandiño, veciños de Rianxo (A Coruña), e irmán Miguel de José, marido da súa cuñada María Benita.
    Tiveron por fillos a III.
  4. María Benita Piñeiro.
    Casou na parroquia de Sobrán concello de Vilagarcía de Arousa en 1729 con José de Castro y Fandiño.

III XERACIÓN

  1. D. Vicente de Castro. Presbítero, que sucedeu.
  2. Rosa de Castro e Piñeiro. IV sucesora no vínculo e morgado que fundaran os seus bisavóos José e Antonia. Tiveron por fillos a IV 1 a 4.
    Casou na parroquia de Sobrán en 1750 con Alexos (ou Máximo Alejo) Álvarez. Fillo de Domingo Álvarez e de María de Rial, veciños da Illa de Arousa.
  3. Josefa de Castro. Casou con Tomás Ramos. Tiveron por fillos a IV 5 a 7.

IV XERACIÓN

  1. Isabel
  2. Joaquina Álvarez de Castro. Casou con Antonio González. Con sucesión.
  3. José Benito Álvarez de Castro. V sucesor.
    Casou na parroquia de András 1783 con Rosa de Señoráns. Filla de Atanasio Benito de Señoráns y Mariño de Lobera (notario y tenente xuíz que foi do couto de Sobrán, que pleiteó en la real audiencia por el vínculo y mayorazgo que en 1598 fundara Alonso de Castro, irmán da súa bisavoa María de Castro, fillos estes dous de Fernando de Cardalda e Elvira de Castro, vínculo e morgado no cal chegara a suceder o seu pai Domingo de Señoráns ´´el Menor´´, e que comprendía o lugar de Cardalda, S. Miguel de Deiro) e da súa muller María Benita Piñeiro-Chantrero Vidal.
    Tiveron por fillos a V.
  4. Tomás Álvarez
  5. Alexos Ramos
  6. José Ramos
  7. Victoria Ramos de Castro. Casou con. Juan Andrés Prego.

V XERACIÓN

  • Alonso Álvarez Señoráns, que iba pra relixioso e a finais do século XVIII, cando o seu pai pleitea ao seu favor na Real Audiencia de cara á sucesión no vínculo e morgado que instituíran José e Antonia.
    Ao final acabaríase casando na parroquia de András en 1807 con Dª. Isabel Joaquina Dominga de Guzmán de Rivas y Torres, baptizada na parroquia de András en 1782. Filla de D. Domingo de Ribas y Torrado, escribano de número e dono e señor da casa de András e os seus morgados e da súa segunda muller Dª. Micaela de Torres y Vázquez.
    Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  1. Fermín Álvarez Rivas
    Casou con Trinidad López Nogueira. Da parroquia de Caleiro concello de Vilanova de Arousa. Filla de José Ignacio López Núñez e da súa muller Mª del Carmen Nogueira Martínez. Tiveron por fillo a VII.
  2. José María. Nacido en 1827.

VII XERACIÓN

  • Miguel Álvarez López. Bautizado na parroquia de Caleiro en 1843. Labrego.
    Casou con Rosa Cores López (ou Cores Mariño) Bautizada na parroquia de Caleiro en 1851. Labrega. Filla de Carlos Cores Cores, baptizado na parroquia de András en 1819, e da súa muller Carmen López Mariño, de Corón (Caleiro), de onde foron veciños Miguel e Rosa. Tiveron por fillos a:

VIII XERACIÓN

  1. Ricardo. Nacido en 1880.
  2. María Isolina Álvarez Cores. Nada en 1888. Labrega.
    Casou con Manuel Villanueva González. Nada en Vilanova de Arousa en 1892. Fillo de Manuel Villanueva Rodiño, nado en Bueu en 1840, e de Benita González Martínez, da parroquia de San Salvador de Meis concello de Meis,´´tablageros´´.
    Tiveron 2 fillos e 4 fillas. Dos dous fillos foi o primeiro IX.
  3. Trinidad. Nacida en 1896.

IX XERACIÓN

  1. Manuel Villanueva Álvarez. Baptizado na parroquia de Caleiro en 1926.
    Casou con Teresa Boullosa Tielas. Nacida na parroquia de Meira concello de Moaña en 1923. Filla de Domingos Boullosa Outerelo, nacido na parroquia de Sabaxáns concello de Mondariz (Pontevedr) en 1895, panadeiro, e de Virginia Tielas Rodríguez, nacida na parroquia de Barcia de Mera concello de Covelo (Pontevedra) en 1891, labrega.
    Tiveron por fillos a:

X XERACIÓN

  1. Carmen. Natural e veciña da parroquia de Barcia de Mera
    Casou con José Luis Portela Teodosio, con 4 fillas.
  2. Manuel, panadeiro. Casou con Elena, da parroquia de Campañó concello de Pontevedra, con 4 fillos, un deles defunto e unha filla.
  3. María Isabel Villanueva Boullosa. Nada na parroquia de Barcia de Mera en 1959.
    Casou na parroquia de Barcia de Mera en 1980) con Alfonso Amoedo Gómez. Nacido na parroquia de Negros concello de Redondela en 1956, profesor de E.X.B. Tiveron por fillo a:

XI XERACIÓN

  • Alfonso Breogán Amoedo Villanueva. Nado en Vigo. Bautizado na parroquia de Barciadeemera en 1980.