Autores

Seleccione un autor
Imaxe do contacto

Elisa Vázquez de Gey (Lugo) é autora da única biografía autorizada sobre o personaxe da Princesa de Kapurthala. A súa obra "Anita Delgado, Maharaní de Kapurthala" (Barcelona, 1998) foi reeditada sucesivas veces en España e traducida ata o momento, ao alemán e ao Inglés.

Estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e dende 1984 reparte a súa actividade entre a docencia e a creación literaria. A súa traxectoria de escritora comeza na poesía para ir derivando cara ao campo da biografía e da novela histórica.

Actualmente remata de publicar a novela Una casa en Amargura. Ambientada na Cuba Colonial, a protagonista, unha muller convertida en escrava, loita por recuperar as raíces perdidas.

Enviar un correo electrónico. Todos os campos con * son obrigatorios.