Grupo familiar en Verís

Perante séculos a familia foi a base social de cara a supervivencia dos individuos na maioría dos casos. Agora a comezos do terceiro milenio da nosa era a situación está a cambiar en todo o mundo a unha grande velocidade. Nas novas relacións sociais os pais biolóxicos dunha persoa xa non teñen que ser necesariamente os seres que maior influenza exerzan no seu desenrolo inicial.

Tamén perante séculos a historia familiar foi privativa dunhas poucas familias que detectaban o poder nas nacións ou en parte dos seus territorios. Eran as únicas cunha administración suficientemente complexa para rexistrar o seu patrimonio, e a historia da familia era un xeito mais de lexitimar a transmisión do mesmo.

A nosa sociedade actual, cunha maioría instalada na sociedade do benestar, xera un grande número de individuos que dispoñen de tempo libre, o cal, sumado á democratización das institucións e administracións públicas, permítelles acceder a arquivos que hasta non fai moio estaban restrinxidos a profesionais da investigación ou historiadores. Todo elo xunguido ó desarraigo crecente que perciben os individuos nas metrópoles lévaos a sentir o desexo de coñecer a vida dos seus antepasados directos e os distintivos familiares. Tal é así se nos fixamos, como mostra do que acontece, na sociedade estadounidense onde dende fai varias décadas a xenealoxía e a historia familiar vai tomando as primeiras posicións de popularidade coma hobby1. Co acostumado desfase temporal (cada vez máis curto por certo) esta tendencia vense observando en Europa, en toda España, e por suposto en Galicia, i en tódolos galegos ou descendentes deles que se encontran espallados polo mundo. Revísanse as investigacións tradicionais de tipo nobiliario con tendencias fantasiosas e intégranse coas actuais, popularizándoas2.

En Galicia este intres vai dende os maioritarios sobre os seus apelidos quero saber a orixe do meu apelido ou quero coñecer o escudo do meu apelido, (díxome alguén que non recordo, que o primeiro que teclean as persoas cando se atopan por primeira vez diante dun buscador de Internet é o seu propio nome e apelidos -¿A ver que sae?-, senón somos populares, o que sae son outras persoas que tamén levan os nosos apelidos, quizás sexa este o comezo no tema de moitos de nós); ós máis minoritarios (pero non tanto) de investigar a propia historia familiar, ou a de familias importantes ó longo dos tempos, e utilizo o adxectivo de importantes no senso de que as súas actuacións repercutiron directamente sobre resto das familias do seu territorio, falando en termos de poder social.

Na axuda destas investigacións veñen tamén os descubrimentos da comunidade científica no campo da xenética coas novas vías de investigación que abren. Sen entrar no tema, dicir que de repente gracias a xenealoxía molecular podemos establecer unha relación xenealóxica entre dúas ou máis persoas polo ADN, sen necesidade de ter que esperar ás máis longas investigacións seguindo o fío nos arquivos, que aínda por riba moitas veces non podemos culminar. Tamén do mesmo xeito que o noso sistema de apelidos, o apelido paterno consérvase cada xeración, o cromosoma Y transmítese de pais a fillos varóns sen apenas variacións.

Dende algo máis de dez anos puiden constatar o intres crecente que suscita o tema tanto na península coma en Latinoamérica, aínda que ó falar de Latinoamérica hai que destacar por forza a Brasil e Argentina. O novo pulo, de todas formas, está indisolublemente vencellado á implantación no mundo de Internet.

Efectivamente a nova xenealoxía non podería entenderse sen Internet, sería outra cousa. Parello ó desenrolo de Internet e ó crecente número de persoas que acceden a rede con asiduidade, foi conformándose unha ampla comunidade en base a Listas de Correo e a páxinas web de axuda a iniciación na materia en moitos países. E así atopamos coma individuos de idade diversa (mozos, xubilados, persoas en actividade profesional, amas de casa, etc.) dedican semanalmente parte do seu tempo libre para ir esfiando o seu legado familiar, intercambiando informacións e datos de todo tipo para acadar o seu obxectivo: reconstruír a súa historia familiar.

1 The Changing Face of Genealogy . 11/1/1999 Ancestry Magazine The oft-quoted American Demographics magazine article further illustrates genealogy´s increasing popularity. In 1995, some 113 million adults in the United States, or four out of ten, were at least somewhat interested in family history. This makes genealogy one of America´s most popular hobbies. And remember these statistics were gathered before the Internet found its way into many American homes. Internet access has increased the popularity of genealogy as the "mildly curious" now have a convenient place to start looking.

Genealogy.com Announces Affiliate Program. Genealogy.com 14-12-2000. With over 80 million Americans actively involved in tracing their family history, genealogy is the second-largest hobby in the U.S., fueled by the large number of Baby Boomers entering their 40s and 50s.

2 Dirijo un oasis de luz y silencio que convive con la riada de la "botellona". Diario de Sevilla, 11 de octubre de 2005. Nunha entrevista a Juana Muñoz Choclán directora da Biblioteca Pública de Sevilla contesta a unha pregunta sobre o máis demandado entre outras cousas: Los ancianos se decantan más por los libros de historia, los jóvenes piden muchos libros de informática, y guías de viajes cuando llega el verano. Hay dos curiosidades con alta demanda: la genealogía, donde la gente busca el origen de sus apellidos y familias, y los manuales de bricolaje.

Northern Ireland | Ancestry detectives climb the family tree. BBC MMV. 2005/10/17. Nunha reseña da BBC sobre a Ulster Historical Foundation de Irlanda Dr Jonathan Hamill of the Ulster Historical Foundation said genealogy had taken over from golf as the most popular past-time in the English speaking world.

Segue en Un pouco de historia: Internet.

Ricardo Lago Couce. Historia Familiar. Saudade nº 4, novembro, 2005.