I XERACIÓN

  • D. Cristóbal Bañales
    Casou con Dª. Magdalena Núñez de Faria. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Dª. Catalina Bañales Núñez Ponce de León
    Casou con D. Lorenzo López de Moscoso. A Coruña, 1605-1687. Señores da casa solar de A Mota. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • D. Cristóbal Bañales e Moscoso. A Coruña, 1624-1687.
    Casou con Dª. Josefa Antonia Gayoso. Señores da casa solar de A Mota. Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN

  1. D. Jacinto de Moscoso e Gayoso. Coengo da catedral de Santiago.
  2. D. José Moscoso.
    Casou con Dª. Ángela de Romay e Castañeda. Filla de D. Antonio Romay e Dª. Bernarda Castañeda Tiveron por fillos a:

V XERACIÓN

  1. D. Lorenzo Moscoso e Romay. Bautizado o 3 de decembro de 1748. Coengo da catedral de Santiago.
  2. D. José Antonio Moscoso Romay. Coronel. Rexedor da Real Audiencia da Coruña.
    Casou con Dª. Rafaela Fariña de la Concha e Taboada. Irmá de D. José Fariña e Taboada, coengo da catedral de Santiago. Tiveron por filla a:

VI XERACIÓN

  • Dª. María de la Estrella Moscoso
    Casou na parroquia de Santa Marta de Babío concello de Bergondo (A Coruña) o 26 de outubro de 1756 con D. Bernardo Núñez Taboada. (para a súa xenealoxía ver a linaxe “Bendoiro Casa de”).