I XERACIÓN

  • Antonio Otero Rodríguez. Natural da cidade de Lugo.
    Casou con Vicenta Sotelo Puga. Nada en 1816 no lugar de Vilar do Monte parroquia de Aguada concello de Carballedo (Lugo). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Enrique Otero Sotelo. Natural da parroquia de Trasalba concello de Amoeiro (Ourense). Falecido no ano 1904. Médico.
    Casou con Eladia Ramona Pedrayo Ansoar. Natural da cidade de Ourense na que naceu o 18 de febreiro de 1859 e faleceu o 4 de febreiro de 1957 (para a súa xenealoxía ver Otero Pedrayo Ramón Liña materna). Tiveron por único fillo a:

III XERACIÓN

  • Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo. Nado na cidade de Ourense, rúa da Paz 25 2º, o 5 de marzo de 1888. Faleceu neste mesmo domicilio o 10 de abril de 1976.
    Casou o 6 de agosto de 1923 con Josefina Bustamante Muñoz Fita. De Santander. Falecida o 8 de abril de 1975. Non tiveron descendencia.

Fonte

http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1152620870Docum_Otero_169.pdf#search=%22enrique%20otero%20sotelo%22