Retrato de José Millán Astray

I XERACIÓN

  • José Millán Astray. Avogado.
    Casou con María del Pilar Terreros e Segade. Escritora, ilustradora e autora dramática. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. José Millán-Astray e Terreros. Nado na cidade de A Coruña o 5 de xullo de 1879. Finado en Madrid o 1 de xaneiro de 1954, foi soterrado no cemiterio da Almudena. Militar, fundador da Lexión. Participou no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contra o goberno da II República. Criminal de guerra.
    Casou en primeiras nupcias o 2 de marzo de 1906 con Elvira Gutiérrez de la Torre. Filla do xeneral Gutiérrez Cámara. Trala boda ela lle dixo que xurara castidade de por vida polo que mantiveron unha relación fraternal. Tras deixar embarazada a súa segunda dona anulou o matrimonio.
    Casou en segundas nupcias con María Rita Gasset e Díez de Ulzurrun. Nada en 1905. Finada o 2 de agosto de 1985. Filla de Rafael Gasset e Chinchilla (para a súa xenealoxía ver "Gasset") e de Rita Díez de Ulzurrun e Alonso.
    Tiveron por filla a III.
  2. Pilar Millán-Astray Terreros. Nada en A Coruña en 1879. Finada en Madrid en 1949. Escritora.
    Casou co aristócrata valencián Javier Pérez de Linares. Tiveron tres fillos.

III XERACIÓN

  • Peregrina Millán-Astray e Gasset. Nada en Lisboa o 23 de xaneiro de 1942.
    Casada. Tivo por fillos a:

IV XERACIÓN

  1. José Miguel N. Millán – Astray
  2. Jorge Francisco N. Millán – Astray
  3. Javier N. Millán – Astray
  4. Rita N. Millán – Astray

FONTES

  • http://www.librosademanda.com/ldalocal/let/m/28360
  • http://es.geocities.com/flizarazu/cerain_lizarazu_gasset_millan.html
  • http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Mill%C3%A1n-Astray