Retrato de Emilia Pardo Bazán

I XERACIÓN

  • Juan de la Rúa. Orixinario de Ocaña (Toledo). Gañou executoria de Hidalguía en 1586. Parece que foi o primeiro en pasar a Galicia.
    Casou con Ines Pérez. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Juan de la Rúa “o Vello”
    Casou con María Serrano. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Inés Serrana
    Casou con Rodrigo García de Figueroa. Tras este enlace, a familia adoptou o apelido Figueroa (para a súa xenealoxía ver a linaxe García de Figueroa, Juan).
  2. Sebastián de la Rúa
    Casou con Dominga Pérez. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Juan de la Rúa Figueroa e Cienfuegos
    Casou con Marquesa Dafonte. Tiveron por fillo a

V XERACIÓN

  • Francisco de la Rúa Figueroa. Señor de Seixas. Alistado como nobre en 1665 na parroquia de Pantiñobre do concello de Arzúa (A Coruña).
    Casou con Andrea Montero Figueroa. Filla de Andrés Montero e María do Mosteiro, do pazo de Brandeso. Fundaron maiorazgo e vínculo en 1673.
    Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  1. Melchor de la Rúa Figueroa. Escribán. Alistado como nobre en 1702 na parroquia de Pantiñobre.
    Casou en primeiras nupcias con Dominga de Cospeito. Tiveron por fillo a VII1.
    Casou en segundas nupcias con María Antonia Núñez Vázquez Espantoso. Oriunda da parroquia de San Vicenzo de Curtis concello de Vilasantar (A Coruña). Filla de Andrés Vázquez de Edreira e de María Núñez Espantoso, da casa solar do lugar do Outeiro (Boimorto). Tiveron por fillos a VII 2 e 3.
  2. Diego de la Rúa Figueroa
  3. Francisco de la Rúa Figueroa. Presbítero.
  4. Juan Antonio de la Rúa Figueroa
    Casou na parroquia de Galegos concello de Frades (A Coruña) o 20 de agosto de 1694 con Antonia de Soto e Verea. Tiveron por fillo a VII 4.

VII XERACIÓN

  1. Francisco de la Rúa Figueroa.
  2. Pedro Antonio de la Rúa Figueroa. Bautizado na parroquia de Pantiñobre o 21 de abril 1693. Avogado.
    Casou con Catalina Vázquez Varela de Castro. Natural da parroquia de Présaras concello de Vilasantar (A Coruña). Filla de Domingo Vázquez Fachal e de Lorenza Rodríguez. Tiveron por fillos a VIII 1 a 3.
  3. Angela de la Rua Figueroa
    Casou con Juan García. Escribán da Real Audiencia.
  4. Pedro Antonio de la Rúa Figueroa
    Casou da parroquia de Senra concello de Oroso (A Coruña) o 30 de maio en 1729 con María Rosa Gómez Vázquez. Tiveron por fillos a VIII 4 e 5.

VIII XERACIÓN

  1. Andrés de la Rúa Figueroa.
  2. Juan Manuel de la Rúa Figueroa e Varela. Bautizado na parroquia de Armental no concello de Vilasantar (A Coruña) o 17 de decembro de 1734. Cura párroco da parroquia de Curtis concello de Curtis (A Coruña). Cónego de Santiago, onde probou a súa nobreza en 1808.
  3. Pedro Sebastián de la Rúa Figueroa. Nado na casa de Zanfoga parroquia de Armental concello de Vilasantar en 1731. Avogado. Relator da Real Audiencia de Galicia.
    Casou con Petronila García Bermúdez. Tiveron por fillos a IX.
  4. Domingo Antonio de la Rúa Figueroa.
  5. Andrés de la Rúa Figueroa.
    Casou en 1769 con Thomasa Casal.

IX XERACIÓN

  1. Andrés Toribio de la Rúa Figueroa. Nado en A Coruña en 1761, seguiu a carreira militar, acadando o grado de brigadier.
    Casou con María Nicolasa Salazar e de la Cuadra. Tiveron por fillo a X.
  2. Rita de la Rúa Figueroa
    Casou con Juan Silva.
  3. Justa de la Rúa Figueroa
    Casou con José Valdés e Alvarez de Toledo.

X XERACIÓN

  • Juan Dionisio de la Rúa Figueroa e Cuadra. Capitán de Granadeiros da Guardia Real.
    Casou con María del Socorro Somoza e Piñeiro. Filla do Coronel dos Reais Exércitos Juan Francisco Xavier Somoza e Figueiras, rexedor de Santiago, e de María Rosa Piñeiro e de las Casas, filla dos VI Marqueses de Bendaña. Tiveron por filla a:

XI XERACIÓN

  • Amalia de la Rúa Figueroa e Somoza
    Casou con José Pardo Bazán e Mosquera. I conde de Pardo Bazán. Tiveron por filla a:

XII XERACIÓN

  • Emilia Pardo Bazán.

FONTES

  • Arquivo Histórico Universitario da Universidade de Santiago
  • Arquivo do Reino de Galicia