Retrato de Mariano Rajoy Brey

I XERACIÓN

  • Manuel Rajoy
    Casou con Ramona do Barro. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. Manuel Rajoy do Barro. Finado de neno.
  2. Manuel Rajoy do Barro. Chamado igual que o primoxénito, na súa lembranza. Tamén morreu sendo un cativo.
  3. Mariano Rajoy do Barro. Nado na parroquia de A Madalena de Montes concello de Forcarei (Pontevedra).
    Casou con Rosa Leloup González. Filla de Francisco Leloup e de Rosa González. Tiveron tres fillos:

III XERACIÓN

  1. Enrique Rajoy Leloup. Nado o 26 de marzo de 1882 no número 5 da Praciña das Ánimas, en Santiago de Compostela. Decano do Colexio de Avogados de Compostela. Edil do concello de Santiago. Un dos redactores do estatuto de autonomía de 1936. Profesor auxiliar de dereito na USC.

  2. Casou o 24 de setembro de 1911 na igrexa de Santa Susana de Santiago de Compostela con: Mercedes Sobredo Brandariz (para a súa ascendencia ver "Sobredo Brandariz"). Tiveron por fillos a IV.
  3. Pilar Rajoy Leloup. Solteira.
  4. Elisa Rajoy Leloup. Casou con José Cotos López, industrial compostelán.

IV XERACIÓN

  1. Mariano Rajoy Sobredo. Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra.
    Casou con Olga Brey. Sobriña de José Brey Guerra. Foron pais de V 1-4.
  2. Pilar Rajoy Sobredo. Secretaria da Asociación Cultural Gallega de Formación Permanente de Adultos (Santiago de Compostela).
  3. Mercedes Rajoy Sobredo.
  4. Enrique Rajoy Sobredo. Casou con Filomena Feijóo. Tiveron por fillo a V 5.

V XERACIÓN

  1. Mariano Rajoy Brey. Nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955. Foi sucesivamente Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Ministro de Administracións Públicas, de Educación e Cultura, Vicepresidente Primeiro, Ministro de Presidencia, de Interior e Presidente do Partido Popular Español.
    Casou o 28 de decembro de 1996 na Capela das Conchas (Illa de A Toxa, Concello de O Grove, Pontevedra) con: Elvira Fernández Balboa. Nada o 27 de abril de 1965. Filla de Manuel Fernández Fernández (finado o 19 de xaneiro de 2002) e de N. Balboa Docampo. Foron os seus padriños de voda Manuel Fernández Fernández e Mercedes Rajoy Brey.
    Tiveron por fillos a VI
  2. Enrique Rajoy Brey. Nado en León en 1960. Secretario do CINDER (Centro Internacional de Dereito Rexistral), director de Relacións Internacionais do Ilustre Colexio de Rexistradores para o área de Iberoamérica, e asesor internacional na implantación de sistemas rexistrais. Residente en Sanxenxo.
  3. María de las Mercedes Rajoy Brey. Rexistradora da Propiedade en Getafe (Madrid).
    Casou con Francisco Millán Mon. Nado en Pontevedra o 8 de marzo de 1955. Eurodeputado. Traballador das embaixadas de España en Bonn e en Rabat. Irmán do ex gobernador civil de Pontevedra, Alejandro Millán Mon.
  4. Luis Rajoy Brey. Notario de Ourense-Primeira. Vicepresidente do Club Náutico de Sanxenxo.
  5. Enrique Santiago Rajoy Feijóo. Notario.

VI XERACIÓN

  1. Mariano Rajoy Fernández. Nado na Clínica Dexeus (Barcelona) o 19 de xullo de 1999.
  2. Juan Rajoy Fernández. Nado na Clínica Dexeus (Barcelona) o 23 de xuño do 2005.

FONTES

  • CORES TRASMONTE, Baldomero (2005): Enrique Rajoy Lelup: un protagonista do autonomismo galego Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Pontevedra
  • La boda del año en "Diario de Pontevedra", 29 de decembro de 1996, pp. 3-5
  • http://es.wikipedia.org/wiki/Mariano_Rajoy
  • www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01361697522359403867802/not0006.htm
  • http://www.losgenoveses.net/Rajoy/MarianiRajoviri.html
  • http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2003/rajoy/noticia.jsp?TEXTO=100000037814
  • http://cinder.registradores.org/files/Entrevista%20Enrique%20Rajoy.pdf
  • http://www.candidato2004.net/biografia.aspx?