Manuel Brey. Mestre de escola na parroquia de Arnois concello de A Estrada (Pontevedra).
Casou con N. Guerra, da que tivo sete fillos entre eles a:
II XERACIÓN
José Brey Guerra. Cura - párroco da freguesía de Santa María Salomé (Santiago de Compostela).
Pedro Brey Guerra. Nado no lugar de Rendo parroquia de Oca concello de A Estrada o 7 de setembro de 1889, na casa familiar. Finado no mesmo lugar o 29 de maio de 1967. O sexto dos irmáns. Mestre de escola en Arnois e en Oca. Fotógrafo afeccionado e retratista, centrou a súa obra nas paisaxes e paisanaxes de Oca "e na contorna estradense do Val do Ulla".
Casou con Purificación Álvarez. Nada na parroquia de Loimil do concello de A Estrada (Pontevedra) en 1894. Mestra. Filla dun mestre.
Tiveron dez fillos entre eles a: