I XERACIÓN

  • Ramón Barreiro. Fotógrafo. Nado en Pontevedra. Tivo por fillo a:

II XERACIÓN

  1. Juan Enrique Barreiro Vázquez. Nado en Castromuño (Valladolid) en 1899. Falecido en 1984. Cineasta e documentalista. Xa dende moi novo residiu na cidade dos seus devanceiros, Pontevedra. Un dos pioneiros do cine en cor, inscribe a patente do cinecromo (que aplica ao celuloide a arte de tinxir as fotografías en branco e negro). Fundador canda o seu irmán Ramón da produtora "Folk". Realizou importantes documentais, como Pontevedra, cuna de Colón (1927) ou Por unha nova Galicia, en 1933, en prol do Estatuto de Autonomía. Trala Guerra Civil estivo preso no penal da illa de San Simón (Redondela).
    Casou con Ana Álvarez Román, natural de Buenos Aires (Arxentina). Finada en 1967. Tiveron por fillos a III.
  2. Carmen Barreiro Vázquez
  3. Ramón Barreiro Vázquez. Cineasta. Nado en 1908. Estreito colaborador do seu irmán Enrique. Despois da Guerra Civil, adicouse a facer documentais de carácter comercial.
    Casou con Pilar Llanderas.
  4. Laureano Barreiro Vázquez

III XERACIÓN

  1. Enrique Barreiro Álvarez. Arquitecto. Redactor de importantes proxectos coma a Escola de Canteiros en A Caeira (Poio), o Museo Colón, neste mesmo municipio; o centro social de Curro (Barro)

FONTES

  • RUIBAL, Arturo (2006): Pontevedreses. Ed. Diario de Pontevedra.
  • http://www.culturagalega.org/avg/historia4.php
  • http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/24659286102915617400080/p0000001.htm