Autores

Seleccione un autor
Imaxe do contacto

Carlos Solla (Pontevedra) é é un escritor e etnógrafo, profesor de historia e lingua galega.

É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende. Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. En 2010 gañou o Premio Johán Carballeira co poemario Lume de ollos en MazinGZ. En 2011 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo con Holocausto zacoe.

Dende a década dos noventa, orienta a súa actividade cultural na descuberta e valorización do patrimonio material e inmaterial da Terra de Cerdedo (colección de ensaios Cerdedo in the Voyager) e, en concreto, no estudo e promoción do monte do Seixo (Proxecto Montaña Máxica). En 2009, codirixiu o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, baseado nas súas investigacións sobre a etnografía e a mitoloxía deste territorio. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo), de 2002, Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2006, Roteiro da Pantalla (Cerdedo), de 2011, e Roteiro polo Pedre milenario (Pedre-Cerdedo), de 2013.

Enviar un correo electrónico. Todos os campos con * son obrigatorios.