Título: Descrición do Reino de Galicia
Autor: Licenciado Molina. tr. Rosa Peña Guerrero
Editorial: Toxosoutos, S.L.
Fecha: 
Páxinas: 290 p. ; 21x15 cm

Bibliografía

Molina, Licenciado. Tr. Peña Guerrero, R. (). Descrición do Reino de Galicia. Toxosoutos

Nota: Reprodución facsimil da edición de Mondoñedo, Imprenta Agustín de Paz, 1550, con tradución ó galego.

"O seu texto en fermosa letra gótica xunta un verso e unha glosa nun impreso que consta de cinco partes ensalzando os loores e magnificencias de Galicia"

A letra en verdade é ben feita, e tamén doada de ler, de tódolos xeitos está traducido ó galego. Chamoume a atención a parte da preciosidade da escrita e a decoración, o feito de teres xa unha nota do autor, por non reflexar a Táboa (ven sendo o Índice) a totalidade das familias tratadas; e moito mais o adicar duas páxinas ós dereitos de autor, o copyright de 1550, e non estaba “barata” a piratería naquel entón pois ó que se lle dese por imprimir o libro sen autorización, aparte de perder os aparellos e artes da imprenta, tiña que pagar nada menos que cincuenta mil maravedíes, dos cales eran -atención- : un tercio para o denunciante, un tercio para o xuiz que había de facer cumplir co mandado, e coma non o tercio restante para o valedor dos dereitos.

Xa non é pouco mérito para o Licenciado Molina, o malagueño Bartolomé Sagrario de Molina, conquerir publicar o libro na súa época, ainda con cabezallos de loubanzas obrigadas . Pero as súas impresións son sentidas e as cousas que nos describe é porque lle sorprenden e causan admiración. Dende os santos, pasando polo Apóstolo, deica os bos viños, o pan ou mesmo a calidade das ostras, e como non das sardiñas.

Instantáneas dunha época para encher a nosa cabeza de novas imaxes vellas máis ou menos acertadas sobor:

  • Dos corpos santos, e primeiramente do Apóstolo Santiago; e das nacións dos romeiros.
  • Das Reliquias que hai en Santiago.
  • Do corpo santo que está en Pontevedra.
  • De Santa Eufemia e Facundo e San Primitivo Rosende.
  • Santa Mariña de Augasantas.
  • Frei Pero González.
  • San Eufrasio e San Mamede.
  • De San Estevo de Rivas de Sil e o Conde Osorio.
  • Do Hospital que está en Santiago e de como o Apóstolo veu a Padrón.
  • Do Pico Sacro e da Torre da Coruña.
  • Do Montefurado e da ponte do Eume.
  • Do Peito Burdelo e da ponte que se atopou hai pouco tempo preto de Viana camiño de Ourense cara Benavente.
  • Da Ponte de Ourense e do crucifixo.
  • Do Bo Xesús e de San Pedro de Rocas.
  • De cinco ou seis Torres que están xunto a Padrón e dos Codos de Larouco.
  • Da muralla de Lugo e dos baños.
  • Porque está descuberto en Lugo o Santo Sacramento na Igrexa Maior e da hostia que está en carne perfecta no Cebreiro.
  • Das cruces que parecen no porto de Muxía e dunha Barca que está neste porto de pedra coas súas velas e o mastro.
  • De Fisterra e do estaño que se atopa no reino de Galicia.
  • Das Médulas que están no Bierzo.
  • Do Porto de Baiona e Tui.
  • De Pontevedra, Marín, Cambados e outros portos pequenos.
  • Do porto de Padrón, Rianxo, Noia e Muros.
  • De Corcubión, Cee, Fisterra, Camariñas, Muxía, Laxe, Malpica e Caión.
  • Do porto da Coruña e Betanzos.
  • De Pontedeume, Ferrol, Neda, Cedeira, Santa Marta de Ortigueira, Cariño, Espasante, Bares e Celeiro.
  • Do porto de Viveiro, San Cibrao, Burela, Nois, Santiago e Ribadeo.
  • Do río Arnia e Navea.
  • Do Támega e o Leboreiro que pasa por Montederramo e Navia, Telmo, Valvarcer e Lor.
  • Do río Sil.
  • De Landro que vai ata Viveiro e o Masma, Eume e Bubal.
  • Do Miño. Ulla e Bibei. Sar e Sarela. Sarandon e Tambre. Avia, Támoga e Ladra.
  • O Eo e o Cabe.
  • Das Fortalezas.
  • Dos Mosteiros.
  • Dos mineiros.
  • Dos Ribadeneiras e os Valcarcel.
  • Dos Figueroas e Maldonados.
  • Dos saavedras, Soutomaiores e Andrades.
  • Dos Baamondes, Viveiros, Pardos, Celas, Paragueses e Manriques.
  • Dos Lousadas, Mariños, Lobeiras e Villamarin.
  • Dos Quirogas, Soneiras, Mexías, Raimundez e dos Condes.
  • Dos Balboas, Lanzós, Taboadas, feixoos, Noboas e Enriquez.
  • Dos Mosqueras, Lemos, Ocampos, Salgados, Bermúdez, Dezas ou Suárez que foron Turrechaos.
  • Dos Osores, Españas, Araujos, Gayosos, Varelas, Aceijas, Bendañas e Reinosos.
  • Dos Caamaños, Aguiares, Bolaños, Montenegros e dos Prados.
  • Dos Viezmas.