Título:	Estudio, Historia de CorcubiÓn, AÑo 1572-1630
Autor:	Paulino Castiñeira Castro
Editor:	Lulu Press, Incorporated, 2006
ISBN:	1847538029, 9781847538024
:	114 páginas

Fai pouco publicouse un libro sobre a historia de Corcubión, pode atoparse en Internet e publicado por Lulu.com.

Estudo Historia de Corcubión, ano 1572-1630 pódese adquirir con ISBN dos EE.UU, agora o autor acaba de publicalo con ISBN de España e o mesmo aparecerá en Galego.
Tamén podemos atopar no blog persoal de Paul, diversos artigos sobre historia de Corcubión ademais de diversa información.

Bibliografía

Castiñeira Castro, P. (). Estudio, Historia de CorcubiÓn, AÑo 1572-1630. Lulu Press, Incorporated.

ESTUDO, HISTORIA DE CORCUBIÓN (FINAIS DO S. XVI E PRIMEIRO TERZO DO S. XVII)

A Historia e Estudo de Corcubión nun período de sesenta anos, 1572-1630, onde se aprecia con todo detalle o rexurdir dunha vila moi importante no condado de Altamira. Coñezamos a través deste estudo como era Corcubión por aqueles anos. A forma de vida das súas xentes, a dedicación, a súa poboación, nomes e apelidos daquela época e un longo contido dos tempos que tocaba vivir por eses anos.