
I XERACIÓN
- D. Juan de Aller
Casou con Dª Thomasa Díaz. Veciños da parroquia de Mezonzo no concello de Vilasantar (A Coruña). Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- D. Andrés de Aller . Natural da parroquia de Mezonzo.
Casou con D ª Gregoria Carro. Natural da parroquia de Castro no concello de Mesía (A Coruña). Filla de D. Domingo Carro e Dª Juana Méndez, naturais da parroquia de Castro concello de Mesía.
Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- D. Juan de Aller e Carro. Natural da parroquia de Castro concello de Mesía.
Casou con Dª María Rodríguez e Contas. Natural de Santiago de Betanzos. Filla de D Baltasar Rodríguez e Dª Josefa Contas, naturais da parroquia de Azogue sita na vila de Betanzos (A Coruña).
Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- D. Domingo Tomás Enrique Aller Rodríguez. Natural da parroquia de Santiago sita na vila de Betanzos.
Casou con Dona Antonina Camila Ulloa Madriñán. Filla de Don Juan Ramón Ulloa Pimentel e Dona Manuela Madriñán Casares.
Tiveron por fillo a:
V XERACIÓN
- Ramón María Aller Ulloa. Nado no pazo de Figueiroa, sito na parroquia de Donramiro concello de Lalín, o 3 de febreiro de 1878. Falecido en Laín o 28 de marzo de 1966.