Título: Os devanceiros dos pazos Autor: Antonio Presedo Garazo Editor: Sotelo Blanco Edicións, 1. ed., 12/1997 ISBN: 978-84-7824-311-2, 84-7824-311-9 Páginas: 174 p., 21x15 cm
* Da presentación do libro:
- "O presente libro é o resultado de forzas que se axuntan nun momento concreto partindo de camiños distintos.
Cando cheguei á Casa do Rego do Pazo en Boimorto alá por 1992, eu estaba absorto pola paisaxe do interior da provincia da Coruña. Un ano despois, en 1993, comecei o estudio da Casa de Vilarxoán, e as fragas de Samos desde logo que chegaron a marabillarme mentras dirixía os meus pasos ora cara ás Terras de Sarria, ora cara ó Incio, ora cara ó Courel. En 1994, coa meirande parte da documentación catalogada, cheguei á Terra de Narla, arriba de Sobrado dos Monxes, e a paisaxe xa non me importaba tanto como a vida daqueles devanceiros que no pasado habitaran os casaróns afidalgados da Galicia interior, noutrora resplandecentes, hoxe en día entregados á hedra e as alimañas".
Bibliografía
Presedo Garazo, A. (1997, diciembre). Os devanceiros dos pazos. Sotelo Blanco Edicións.